A Xunta impulsa o talento emerxente no XV 'Encontro de Artistas Novos' que reúne no Gaiás a 40 creadores de dentro e fóra de Galicia

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • López Campos reafirma o compromiso do seu departamento con este "foro aberto ás tendencias da vangarda artística, onde o colectivo de creadores galegos pode compartir co mundo o seu traballo e talento"
  • Nas súas 15 edicións participaron na iniciativa máis de 800 artistas, consolidándose como unha das citas de referencia da creación contemporánea da Península
  • Os novos talentos participantes no encontro ata o vindeiro xoves 28 de agosto terán a oportunidade de aprender de figuras consolidadas como as pintoras Ana de Alvear e Juana González, premiadas este ano en ARCO Madrid
  • A actividade, que conta co apoio da Fundación Banco Sabadell, ofrece a oportunidade de propoñer unha intervención artística para ser exhibida na Cidade da Cultura o vindeiro ano
Imagen del artículo A Xunta impulsa o talento emerxente no XV 'Encontro de Artistas Novos' que reúne no Gaiás a 40 creadores de dentro e fóra de Galicia
Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, recibiu hoxe na Cidade da Cultura aos 40 creadores e creadoras que ata o xoves 28 de agosto participan no XV Encontro de Artistas Novos EAN15, consolidado foro da arte contemporánea onde presentarán os seus traballos e terán a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias con outras figuras emerxentes e tamén consolidadas.

O titular de Cultura do Goberno galego referiuse ao encontro como "un dos piares da programación do Gaiás co que, desde hai xa quince edicións, a Xunta de Galicia vén reafirmando anualmente o seu compromiso e apoio ao talento emerxente". Ao mesmo tempo, remarcou o conselleiro, esta iniciativa converte a Cidade da Cultura "nun gran foro aberto ás novas tendencias da vangarda artística", onde o colectivo de creadores galegos pode compartir co resto do mundo o seu traballo e talento, dous dos eixos nos que se asenta o Encontro de Artistas Novos.

Impulsado pola Xunta de Galicia co apoio da Fundación Banco Sabadell, este encontro forma parte da programación da Cidade da Cultura desde os seus inicios, en 2011. Ao longo deste tempo, participaron nesta proposta máis de 800 artistas, entre eles figuras como Nuria Güell, Jorge Perianes, Lois Patiño, Eva Díez ou Jesús Madriñán, que teñen acadado un recoñecemento destacado no panorama galego e nacional.

O acto de apertura contou tamén coa presenza do director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; o director de Sabadell Profesional Galicia de Banco Sabadell, Fernando Vieiro Barreiro; a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo; e o director do EAN, Rafael Doctor Roncero.

Convocatoria de intervención artística

O Encontro de Artistas Novos ofrece tamén a posibilidade aos novos talentos participantes de propoñer unha intervención artística non convencional para ser exhibida na Cidade da Cultura. Como novidade, esta convocatoria —que normalmente se restrinxía ás Torres Hejduk do Gaiás— ábrese a novos espazos e propostas creativas, que inclúen as zonas verdes e espazos exteriores ao carón do Museo Gaiás.

Aprendizaxe de figuras consolidadas

O programa do EAN15 inclúe cinco relatorios de destacados creadores do panorama nacional como a artista plástica Ana de Alvear (Madrid, 1962), encargada da conferencia inaugural do encontro. As súas pinturas hiperrealistas, realizadas minuciosamente con lapis de cores, foron exhibidas en museos de ciencias naturais e centros botánicos de toda España e desde 1997 colabora con compositores de música contemporánea en producións de vangarda que se estrearon, entre outros, no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía de Madrid.

Participará tamén como relatora no EAN a pintora Juana González, que este ano foi recoñecida en ARCO Madrid como mellor artista española nos premios outorgados pola revista especializada Artepuntoes —editada polo Instituto de Arte Contemporáneo— ao tempo que Ana de Alvear logrou tamén unha mención espacial na mesma categoría.

O encontro contará ademais coa creadora visual, autora e doutora en Filosofía, Jana Leo, (Madrid, 1965), que en 2024 publicou o libro Mamá está muerta, pero la vamos a curar, unha obra nacida da análise dos casos de 132 mulleres asasinadas en Madrid a mans das súas parellas ou ex-parellas homes, ilustrándoos de xeito arrepiante e conmovedor.

Completan os nomes consolidados desta edición o muralista galego Yoseba MP (Cambre, 1984), recoñecido polas súas obras en gran formato representando a mulleres maiores de zonas rurais como auténticas heroínas, e Sergio Marey (Pol, Lugo, 1997), que regresa ao EAN para compartir o seu proceso creativo tras participar no encontro na edición de 2020 como figura emerxente. Desde entón, ten amosado as súas creacións en mostras individuais ou colectivas na Fundació Joan Miró, o Museo Reina Sofía de Madrid, o CGAC - Centro Galego de Arte Contemporánea o Festival MMMad Art Madrid, A Fundación Eugenio Granell, ou o Museo do Pobo Galego, entre outros.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 25/08/2025
1213449 {"title":"A Xunta impulsa o talento emerxente no XV 'Encontro de Artistas Novos' que reúne no Gaiás a 40 creadores de dentro e fóra de Galicia","published_date":"2025-08-25","institution_slug":"galicia","institution_name":"Xunta de Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1213449"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-08-25/1213449-xunta-impulsa-talento-emerxente-xv-encontro-artistas-novos-reune-gaias-40-creadores-dentro-e-fora-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.