Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 20.30 h. de hoxe

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Ás 15.56 horas de hoxe domingo deuse por controlado o lume do concello de Riós-Fumaces e a Trepa (100 ha)
  • Desde as 17.09 horas de hoxe está activo un lume no concello ourensán de Avión, parroquia de Nieva, que segundo as últimas estimacións provisionais rolda as 20 hectáreas de superficie afectada
  • Seguen tamén activos os lumes de Chandrexa de Queixa e Vilariño (19.000 ha afectadas, cunha evolución favorable, xa que están estabilizados os focos de Chandrexa) e o de Carballeda de Valdeorras-Casaio (4.400 ha)
  • Permanecen estabilizados os incendios de Larouco-Seadur (arredor de 30.000 ha); Oímbra e Xinzo de Limia (A Granxa e Gudín, 17.000 ha); A Mezquita-A Esculqueira (10.000 ha); Carballeda de Avia e Beade (Vilar de Condes e As Regadas, 4.000 ha); Vilardevós-Vilar de Cervos (900 ha); e Vilaboa-Santa Cristina de Cobres (70 ha)
  • Están controlados os lumes de Maceda (Santiso e Castro de Escuadro, con 3.500 ha); Vilardevós-Moialde (600 ha); Montederramo-Paredes (120 ha); Riós-Trasestrada (40 ha) e Carballedo- A Cova (100 ha)

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2025

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 20.30 horas de hoxe domingo.

As principais novidades arestora son que o incendio do concello ourensán de Riós-Fumaces e a Trepa quedou controlado esta tarde e que un novo lume, neste caso no municipio de Avión, parroquia de Nieva, rolda as 20 hectáreas de superficie afectada, segundo as últimas estimacións provisionais. Xa que logo, son tres os incendios activos en Galicia neste intre con 20 ou máis hectáreas afectadas, contabilizando tamén os de Carballeda de Valdeorras-Casaio e de Chandrexa de Queixa e Vilariño de Conso, malia que neste só se mantén activo o foco de Vilariño, unha vez estabilizados os de Requeixo e Parafita en Chandrexa.

LUGO

CONTROLADOS

Controlado Carballedo-A Cova

Desde as 11.30 horas de hoxe domingo permanece controlado o incendio forestal do concello lucense de Carballedo, parroquia da Cova, que se orixinou o xoves 21 ás 18.14 horas e no que tivo que decretarse a Situación 2, como medida preventiva, pola súa proximidade ao núcleo de Oleiros, unha situación operativa xa desactivada. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 100 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 2 técnicos, 21 axentes, 43 brigadas, 28 motobombas, 3 pas, 5 helicópteros e 4 avións.

OURENSE

Segue decretada a Situación 2 en toda a provincia, o que implica unha maior axilidade de medios e recursos da Comunidade autónoma e do resto de administracións para a provincia. Amplíase tamén o horario laboral do persoal e axilízanse os trámites coas diferentes administracións, especialmente coa Unidade Militar de Emerxencias (UME).

ACTIVOS

Activo Avión-Nieva

Desde as 17.09 horas de hoxe domingo está activo un lume no concello ourensán de Avión, parroquia de Nieva, que segundo as últimas estimacións provisionais rolda as 20 hectáreas de superficie afectada. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora, de xeito acumulado, 1 técnico, 4 axentes, 6 brigadas, 4 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 5 avións.

Activo Carballeda de Valdeorras-Casaio

Segue activo, desde as 18.42 horas do luns 18, o lume do concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 4.400 hectáreas e que entrou en Galicia dende Castela e León. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 9 técnicos, 41 axentes, 73 brigadas, 31 motobombas, 4 pas, 13 helicópteros e 11 avións.

Estabilizados os focos de Chandrexa de Queixa (Requeixo e Parafita) e activo o de Vilariño de Conso-Mormentelos

Continúa activo o lume de Chandrexa de Queixa (Requeixo e Parafita) e Vilariño de Conso (Mormentelos), malia que evoluciona favorablemente tras terse estabilizado os focos de Parafita e Requeixo. Estes incendios comezaron en Chandrexa o venres 8, na parroquia de Requeixo, e o martes 12 na de Parafita. O xoves 14, reactivouse o foco do concello de Vilariño de Conso, parroquia de Mormentelos, que continúa activo. Segundo as últimas estimacións provisionais, o lume afecta unha superficie de arredor de 19.000 hectáreas, parte delas tamén nos municipios de Manzaneda, Montederramo, A Pobra de Trives, O Bolo e Laza. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado, 23 técnicos, 167 axentes, 227 brigadas, 119 motobombas, 19 pas, 17 unidades técnicas de apoio, 34 helicópteros e 29 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

ESTABILIZADOS

Estabilizado Larouco-Seadur

Desde as 11.25 horas de onte sábado permanece estabilizado o incendio iniciado o mércores 13 ás 18.55 horas no concello ourensán de Larouco, parroquia de Seadur, que afecta unha superficie estimada de máis de 30.000 hectáreas en territorio galego, no propio concello de Larouco e nos de Quiroga, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, A Rúa, Petín, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 53 técnicos, 232 axentes, 308 brigadas, 241 motobombas, 12 pas, 6 unidades técnicas de apoio, 14 helicópteros e 15 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Estabilizado Oímbra-A Granxa e Xinzo de Limia-Gudín

Este lume continúa estabilizado na súa totalidade. O martes 12 iniciouse no concello ourensán de Oímbra, parroquia da Granxa, un incendio forestal que se uniu con outro rexistrado o pasado venres 15 ás 17.22 horas na localidade ourensá de Xinzo de Limia, Gudín. Segundo as últimas estimacións, este incendio afecta unha superficie estimada de 17.000 hectáreas, ademais de nas localidades de Oímbra e Xinzo de Limia, nas de Monterrei, Cualedro, Verín, Laza, Trasmiras, Castrelo do Val e Baltar. O foco iniciado en Oímbra-A Granxa deuse por estabilizado ás 22.29 horas do venres 22, e así súmase ao que xa fora igualmente estabilizado ás 02.45 horas do martes 19, correspondente a Xinzo de Limia-Gudín. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 18 técnicos, 159 axentes, 221 brigadas, 131 motobombas, 6 pas, 7 unidades técnicas de apoio, 18 helicópteros e 32 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Estabilizado A Mezquita-A Esculqueira

Segue estabilizado, desde as 21.20 horas deste venres, día 22, o incendio do concello da Mezquita, parroquia da Esculqueira, que se iniciaba o martes 12 ás 21.20 horas. Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta arredor de 10.000 hectáreas en territorio galego. Este lume afecta tamén aos municipios da Gudiña e Viana do Bolo; así como a territorio da provincia de Zamora. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 8 técnicos, 50 axentes, 69 brigadas, 55 motobombas, 4 pas, 3 unidades técnicas de apoio, 11 helicópteros e 20 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). Tamén colaboraron nas tarefas de extinción medios terrestres portugueses.

Estabilizado Carballeda de Avia-Vilar de Condes e Beade-As Regadas

O venres día 15 ás 16.38 horas iniciábase o incendio forestal do concello ourensán de Carballeda de Avia, parroquia de Vilar de Condes. Ese mesmo día, ás 18.16 rexistrouse outro na localidade ourensá de Beade, parroquia de As Regadas. Os dous lumes uníronse nun só, que está estabilizado desde o xoves 21 ás 11.36 horas e que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 4.000 hectáreas, parte delas nos municipios de Avión, Melón, Leiro e Ribadavia. Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 4 técnicos, 104 axentes, 183 brigadas, 102 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 10 helicópteros e 12 avións.

Estabilizado Vilardevós-Vilar de Cervos

Permanece estabilizado desde as 23.44 horas do martes 19 o incendio do concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Vilar de Cervos, iniciado o mércores 13 ás 18.09 horas. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 900 hectáreas. Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 3 técnicos, 22 axentes, 14 brigadas, 15 motobombas, 3 helicópteros e 5 avións.

CONTROLADOS

Controlado Riós-Fumaces e a Trepa

Controlado desde as 15.56 horas de hoxe domingo o incendio iniciado ás 17.41 horas do xoves 14 no concello de Riós, parroquia de Fumaces e a Trepa, que segundo as últimas estimacións rolda as 100 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 2 axentes, 8 brigadas, 6 motobombas e 3 avións

Controlado Riós-Trasestrada

Permanece controlado, desde as 12.30 horas de hoxe domingo, o lume que comezou o luns 18 ás 14.33 horas no concello ourensán de Riós, parroquia de Trasestrada e que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 40 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, no seu conxunto, 3 axentes, 2 brigadas, 1 motobomba, 2 helicópteros e 3 avións.

Controlado Montederramo-Paredes

Continúa controlado desde as 22.05 horas do venres, día 22, o incendio forestal do concello ourensán de Montederramo, parroquia de Paredes, que se iniciou o luns 11 ás 04.50 horas e que segundo as últimas estimacións afecta arredor de 120 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 6 axentes, 13 brigadas, 12 motobombas, 2 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 7 helicópteros e 7 avións.

Controlado Vilardevós-Moialde

Ás 21.20 horas do venres 22 deuse por controlado o incendio forestal do concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Moialde, que se iniciou ás 16.05 horas do luns 11. Afecta, segundo as últimas estimacións provisionais, arredor de 600 hectáreas. Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 4 técnicos, 28 axentes, 44 brigadas, 23 motobombas, 3 pas, 10 helicópteros e 6 avións.

Controlado Maceda (Santiso e Castro de Escuadro)

O domingo 10 e o martes 12 comezaron dous incendios forestais no concello ourensán de Maceda, nas parroquias de Castro Escuadro e Santiso, respectivamente. Ambos acabaron tamén por unirse nun só lume que quedou controlado ás 19.52 horas do venres día 22. Segundo as últimas estimacións provisionais, este incendio afecta en conxunto unha superficie de arredor de 3.500 hectáreas, parte delas do municipio de Vilar de Barrio. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 11 técnicos, 97 axentes, 157 brigadas, 87 motobombas, 11 pas, 3 unidades técnicas de apoio, 17 helicópteros e 18 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

PONTEVEDRA

ESTABILIZADOS

Estabilizado Vilaboa-Santa Cristina de Cobres

Permanece estabilizado, desde as 18.34 horas de onte sábado, o incendio forestal do municipio pontevedrés de Vilaboa, parroquia de Santa Cristina de Cobres, que se iniciou o xoves 21 ás 16.37 horas e no que se activou a Situación 2 como medida preventiva pola proximidade do lume ao núcleo de Vilar, unha situación xa desactivada. Segundo as últimas estimacións provisionais, o incendio afecta unha superficie de arredor de 70 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 5 técnicos, 23 axentes, 39 brigadas, 34 motobombas, 2 palas, 3 unidades técnicas de apoio, 5 helicópteros e 8 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Continúa a vixilancia sobre os núcleos poboacionais sen que se produciran novidades en canto á aplicación de medidas de protección á cidadanía.

Cómpre salientar que nos incendios estase a contar coa colaboración de bombeiros dos consorcios provinciais, bombeiros municipais, GES e servizos de emerxencias locais.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 24/08/2025
1213181 {"title":"Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 20.30 h. de hoxe","published_date":"2025-08-24","institution_slug":"galicia","institution_name":"Xunta de Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/203448-govclipping-espana-notas-prensa.webp","id":"1213181"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-08-24/1213181-medio-rural-informa-da-situacion-dos-lumes-forestais-datos-recollidos-ata-as-20-30-h-hoxe https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.