A Xunta anuncia axudas económicas para recuperar terreos e hábitats cinexéticos e infraestruturas de uso público danados polos incendios forestais
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Ángeles Vázquez explica que se cubrirán gastos relacionados coa sementeira de cereais para garantir alimento para a fauna silvestre e a recuperación dos solos así como a reposición e reparación de miradoiros, varandas, pasarelas de madeira, material de sinalización e elementos de áreas recreativas, entre outras instalacións
- Estas achegas forman parte do paquete de medidas urxentes para reparar os danos causados pola vaga de incendios que se prevé aprobar a próxima semana
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Dozón (Pontevedra), 23 de agosto de 2025
A Xunta de Galicia porá á disposición dos afectados polos incendios forestais deste verán axudas para recuperar terreos e hábitats cinexéticos así como diferentes tipos de infraestruturas de uso público localizadas dentro da Rede galega de espazos protexidos e reservas de biosfera e que resultaran afectadas polo lumes.
Así o avanzou esta mañá a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante unha visita ao Tecor de Dozón, na parroquia do Castro, que resultou afectada por un incendio ocorrido a mediados deste mes de agosto.
Acompañada polo alcalde, Adolfo Campos, a responsable autonómica explicou que estas achegas se canalizarán a través de dúas ordes de subvencións dirixidas, por un lado, a compensar aos responsables de terreos cinexeticamente ordenados (Tecores) e, por outro, a concellos e titulares de montes veciñais en man común con infraestruturas de uso público dentro de espazos protexidos afectados polos incendios.
No primeiro caso, Ángeles Vázquez explicou que, no marco das súas competencias, a Consellería axudará a cubrir gastos relacionados coa sementeira de cereais para que sirvan de alimento á fauna silvestre e contribúa a recuperar deste xeito tanto os hábitats cinexéticos como os solos afectados.
Así mesmo, os Tecores tamén poderán solicitar axudas económicas para recuperar infraestruturas ou instalacións (refuxios, fontes, bebedoiros e comedoiros para animais, cercados, etc.) que resultaran afectadas.
En canto á segunda liña de subvencións, cubriranse os custos relacionados coa reposición e reparación de elementos estruturais de sendas e rutas —como sinais, miradoiros, varandas e pasarelas de madeira—, infraestruturas e instalacións de interpretación do medio natural e elementos localizados en áreas recreativas.
Cómpre subliñar que estas achegas forman parte do paquete de medidas urxentes para a reparación dos danos causados pola vaga de incendios en Galicia e que está previsto que aprobe o Consello da Xunta a próxima semana.