A Xunta e a Confraría de Corcubión resaltan a calidade do peixe e mariscos galegos cunhas xornadas gastronómicas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Corcubión (A Coruña), 22 de agosto de 2025
A Confraría de Corcubión desenvolve unhas xornadas gastronómicas nas que resaltar a calidade e sabor do peixe e mariscos galegos. A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, asistiu a esta cita, que conta con apoio da Xunta, que consta dun amplo programa de obradoiros, demostracións e degustacións coa lonxa e unha carpa instalada no porto da vila como escenarios de excepción. O evento contou coa participación de cociñeiros de recoñecido prestixio como Miguel Mosteiro, impulsor de Gastrolab, José Manuel Mallón ou Iván Dominguez.Tamén contou cunha charla sobre Mulleres no mar cun protagonismo destacado das mariscadoras da zona.
Estas xornadas permiten promocionar os produtos do mar entre a cidadanía e fomentar o seu consumo mediante experiencias de calidade e divulgar os beneficios que agocha o consumo de estes alimentos como piares fundamentais da dieta atlántica. Tamén visibiliza o impacto social e económico da actividade pesqueira nesta vila que no que vai de ano xa rexistrou unha produción que supera as 1.000 toneladas e unha facturación de máis de 1,8 millóns de euros.