A Xunta salienta o crecente papel do Folión de Carros de Chantada para reforzar o interese turístico das tradicións galegas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director de Turismo de Galicia e o delegado da Xunta en Lugo asistiron a esta celebración que conta co apoio da Xunta como festa de interese turístico de Galicia
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Chantada (Lugo), 23 de agosto de 2025
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiron ao desfile do Folión de Carros de Chantada, que forma parte do preto do centenar de festas de interese turístico que son beneficiarias da convocatoria deste ano das axudas da Xunta para a celebración, promoción e difusión deste tipo de festividades.
Merelles puxo en valor a achega desta festa posicionamento de Galicia como "reclamo único, que enlaza coas tradicións e que implican a toda a poboación" e puxo en valor o "crecente papel" desta festividade para "reforzar o interese turístico das tradicións galegas". O director de Turismo de Galicia abundou, ademais, na importancia da diversificación na oferta que supoñen este tipo de celebracións nas localidades do rural, para dinamizar a economía da zona e promover o emprego.
Neste sentido, salientou o papel de Chantada como unha das principais portas á Ribeira Sacra do Miño, ademais dunha das paradas do Camiño de Inverno. Isto sitúa á localidade nunha posición esencial para o turismo tanto a nivel histórico e natural como enogastronómico.