A Xunta promove a reciclaxe e o consumo sostible de produtos relacionados co surf no Tinglado de Pantín
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Os visitantes ao Tinglado poderán adquirir produtos de segunda man de cidadáns particulares relacionados con este deporte como táboas, quillas, cascos ou neoprenos
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Valdoviño (A Coruña), 23 de agosto de 2025
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático promove o consumo sostible de produtos relacionados co surf no Tinglado de Pantín, no marco do Abanca Pantín Classic Galicia Pro 2025, a proba deportiva que consolida o seu atractivo turístico e que se celebra estes días no concello de Valdoviño co apoio de Turismo de Galicia.
Trátase da cuarta edición deste mercado circular, logo das organizadas en Vigo, Ferrol e A Coruña. O obxectivo desta iniciativa é avanzar na redución dos residuos que se xeran, cambiar a forma de consumir e apostar por produtos de calidade que duren no tempo e poidan ter moitas vidas, incluso pasando por diferentes mans.
Deste xeito, os visitantes ao Tinglado poderán adquirir produtos de segunda man de cidadáns particulares relacionados co surf como táboas, quillas, cascos, neoprenos e outro material para practicar este deporte. Ata o momento hai rexistrados corenta vendedores que ofrecerán os seus produtos ao longo de toda a semana en diferentes quendas. O prazo de inscrición para que os particulares poidan ofrecer os seus materiais de segunda man neste espazo permanece aberto.
A maiores, o espazo habilitado -dúas carpas de 5x5 metros- tamén acollerá actividades relacionadas coa recuperación para a reutilización e a economía circular como, por exemplo, exposicións de táboas reparadas ou de arte crebeira (obras realizadas a partir do lixo que chega ás nosas costas) ou charlas e obradoiros sobre sostibilidade e defensa da contorna.
A celebración do Tinglado enmárcase no Plan sectorial de xestión de residuos municipais de Galicia 2030, co que a Xunta busca implicar ás entidades locais e á cidadanía na implantación dun modelo circular que contribúa a cumprir coas exixencias normativas neste eido. Con este plan o Goberno galego aspira a reducir en 2030 un 15% a xeración de refugallos respecto a 2010, un 50% os residuos alimentarios por persoa na venda retallista e aos consumidores e un 20% as perdas de alimentos ao longo das cadeas tanto de produción como de subministración.
Co anterior plan, entre outros aspectos, Galicia reduciu máis dun 5% a produción de residuos e os enviados a vertedoiro descenderon case un 37%, co que a comunidade se sitúa por debaixo da media estatal e máis próxima á media europea.