Anxo M. Lorenzo celebra o impulso da lectura a través do milleiro de propostas nas 13 feiras do libro

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O director xeral de Cultura participa na inauguración da cita en Monforte, a última deste ciclo, que se impulsa en colaboración coa Federación de Librarías de Galicia
  • A rúa do Cardeal acollerá ata o sábado 23 de agosto espectáculos, presentacións, sinaturas de libros, recitais poéticos e contacontos, entre máis de 40 iniciativas
  • Estas actividades forman parte da campaña de verán da Xunta de Galicia 'Para gustos, cultura'

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Monforte (Lugo), 20 de agosto de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na inauguración da Feira do Libro de Monforte, a última parada do circuíto impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Federación de Librarías de Galicia, e que se estenderá ata o sábado 23 de agosto na rúa do Cardeal. Alí, destacou o papel fundamental que desempeñan o preto do milleiro de propostas que se están a desenvolver nestas 13 citas co libro de cara ao impulso e dinamización da lectura, así como a achega desta para todos os públicos e idades cunha morea de actividades diversas.

O representante da Xunta de Galicia puxo en valor "estas iniciativas, que axudan ao descubrimento de novas experiencias arredor da lectura, ao tempo que enchen as vilas e as cidades de propostas culturais diversas e para toda a poboación". Así mesmo, Anxo M. Lorenzo agradeceu e salientou o traballo dos axentes implicados na organización da feira que contará cunha programación ampla e variada de 6 librerías participantes e máis de 40 actividades, entre as que se inclúen as sinaturas de libros de preto de 30 autores, presentacións, espectáculos infantís, recitais poéticos e obras de teatro para toda a familia.

Baixo o lema Onde florecen os libros, esta feira foi inaugurada coa lectura do pregón a cargo da escritora Estefanía Padullés, e permanecerá aberta ao público ata o sábado 23 de agosto, en horario de 11,00 a 14,00 e de 19,00 a 22,00 horas.

Atrás quedan 12 feiras e por diante unha última oportunidade

Monforte é a última das 13 citas co libro e a lectura que terán os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias. Tras iniciar o percorrido en Ferrol e pasar xa por Santiago de Compostela, Lugo, O Porriño, Redondela, Ourense, Vigo, Ponteareas, Rianxo, A Coruña, Viveiro e Foz, a Feira do Libro chega agora a Monforte ata o 23 de agosto como última oportunidade para desfrutar deste circuíto.

As trece feiras do libro e as súas propostas, forman parte da campaña de estío Para gustos, cultura, unha iniciativa impulsada desde a Xunta de Galicia para encher o verán dunha oferta cultural diversa e de calidade que se desenvolverá en máis de 200 concellos de Galicia con máis de 3.400 actividades de 40 tipoloxías distintas.

Así mesmo, nestas 13 paradas das feiras participaron preto de 100 librarías, editoras e bibliotecas e realizáronse preto dun milleiro de iniciativas que serven para impulsar a lectura e achegala a todos os recunchos da sociedade, mostrando así o compromiso do Goberno galego por impulsar e dinamizar a cultura, facéndoa accesible a toda a poboación ao abeiro da Lei de cultura inclusiva de Galicia.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 20/08/2025
1205784 {"title":"Anxo M. Lorenzo celebra o impulso da lectura a través do milleiro de propostas nas 13 feiras do libro","published_date":"2025-08-20","institution_slug":"galicia","institution_name":"Xunta de Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/202932-govclipping-espana-notas-prensa.webp","id":"1205784"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-08-20/1205784-anxo-m-lorenzo-celebra-impulso-da-lectura-traves-do-milleiro-propostas-nas-13-feiras-do-libro https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.