A Xunta publica a orde pola que se convocan axudas para proxectos de saúde pública no campo do VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Increméntase o orzamento da orde de axudas en preto de 90.000 euros con respecto da anterior, ata chegar a alcanzar os 990.426 euros
  • Amplíase, tamén, o número de proxectos que se poden subvencionar
  • Desde 2004 a tendencia de novos casos de infección polo VIH en Galicia é descendente e está moi por debaixo da media estatal
  • En 2023, concretamente, o número de casos por 100.000 habitantes caeu ata os 4,3, mentres que a media de España foi de 7,4 casos
Imagen del artículo A Xunta publica a orde pola que se convocan axudas para proxectos de saúde pública no campo do VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual
Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2025

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, unha orde da Consellería de Sanidade pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións para proxectos de saúde pública no campo do VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual (ITS) realizados na nosa comunidade por entidades privadas sin ánimo de lucro. A tal fin, o Goberno galego destinará 990.426 euros.

A Consellería de Sanidade publica esta orde de axudas desde o ano 1995 e incrementa o seu importe con respecto a anteriores convocatorias. Deste xeito, coa orde actual auméntase a contía en preto de 90.000 euros con respecto da anterior. Tamén se amplía ata 12 o número de proxectos que se poderán subvencionar.

A infección polo virus de inmunodeficiencia humana (VIH) e a síndrome de inmunodeficiencia adquirida (sida) constitúen un problema sociosanitario de primeira magnitude a nivel mundial. En Galicia rexistráronse melloras nos últimos anos, pero é preciso continuar co impulso das accións de saúde pública encamiñadas a facer fronte a este problema.

O programa de axudas está destinado a apoiar proxectos de entidades privadas sen ánimo de lucro que participan, xunto coa Consellería de Sanidade, no esforzo global antiVIH/sida. Trátase de proxectos dirixidos a colectivos vulnerables, principalmente, persoas mozas, colectivo LGTBI ou persoas na contorna da prostitución, entre outras.

Diagnóstico e tratamento precoces

O financiamento dos proxectos subvencionados favorece o achegamento aos servizos sanitarios e sociais públicos das persoas con prácticas de risco para a transmisión do VIH e doutras infeccións de transmisión sexual e que teñen dificultades de acceso a estes servizos.

Este achegamento posibilita o diagnóstico e tratamento precoces, o que redunda nunha maior calidade e esperanza de vida das persoas afectadas, na redución dos custos sanitarios do tratamento e seguimento médico destas persoas e, ademais, no mellor control do posible espallamento destas infeccións na sociedade galega.

As entidades privadas sen ánimo de lucro colaboran coa Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade participando na difusión de información preventiva do VIH e outras infeccións de transmisión sexual; na promoción do uso do preservativo mediante a súa distribución gratuíta; en actividades para favorecer o acceso ao sistema sanitario e social das persoas con VIH en situación de marxinación social; na información e realización das probas rápidas e anónimas de VIH, ou en actividades sociosanitarias como a atención a domicilio, atención ás persoas coidadoras, etc.

En Galicia rexistráronse 3.385 casos de persoas infectadas polo VIH entre os anos 2004 e 2023, cunha media de 169 infeccións anuais, o que representa unha incidencia anual de 6,15 casos por 100.000 habitantes (por debaixo da incidencia do conxunto de comunidades autónomas, que foi de 9,6 casos).

A partir de 2012 en Galicia obsérvase unha clara diminución de casos de infección. En 2023, concretamente, o número de casos novos por 100.000 habitantes caeu ata os 4,3 mentres que no conxunto de España foi de 7,4.

Con esta orde de axudas, o Goberno galego incide no seu compromiso coa eliminación do VIH no ano 2030 e tamén coa mellora da calidade de vida dos pacientes.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 20/08/2025
1205084 {"title":"A Xunta publica a orde pola que se convocan axudas para proxectos de saúde pública no campo do VIH\/sida e outras infeccións de transmisión sexual","published_date":"2025-08-20","institution_slug":"galicia","institution_name":"Xunta de Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1205084"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-08-20/1205084-xunta-publica-orde-pola-se-convocan-axudas-proxectos-saude-publica-campo-do-vih-sida-e-outras-infeccions-transmision-sexual https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.