A Xunta habilita unha liña de axudas dun millón de euros para facilitar a incorporación ao mercado laboral de novos profesionais do transporte

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, visitou unha autoescola e o circuíto de prácticas de condución de Narón para informar desta nova orde de axudas que sae publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia
  • As empresas de formación de condutores que queiran adherirse como entidades colaboradoras disporán dun mes para facelo a partir de mañá
  • O obxectivo é contribuír a cubrir os gastos de obtención do certificado de aptitude profesional e dos permisos de condución das clases C e D para mellorar a empregabilidade e paliar a escaseza de condutores para determinados vehículos
  • Súmanse ás impulsadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para a obtención dos A2 e B, para motocicletas e coches, dirixidas á mocidade e que tamén se publicarán este mes

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Narón (A Coruña), 13 de agosto de 2025

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, xunto coa delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou unha autoescola e o circuíto de prácticas de condución de Narón para informar das novas axudas impulsadas pola Xunta para facilitar a incorporación ao mercado laboral de novos profesionais do transporte, dotada con un millón de euros.

A orde sae publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia e, segundo se recolle nela, subvenciónase tanto a obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial e na modalidade ampliación ou promoción, como dos permisos de condución das clases C e D.

Judit Fontela explicou que con esta medida se quere dar resposta ás queixas recorrentes do sector do transporte de mercadorías e de viaxeiros por estrada, debido á carencia de persoal que cumpra cos requisitos legais esixidos para o desenvolvemento da condución de determinados vehículos. Trátase tamén de mellorar as posibilidades de empregabilidade dun sector da poboación, ampliando as súas competencias e o seu currículo, como elemento de profesionalización, e promover a súa incorporación ao mercado laboral.

A directora xeral indicou que o prazo de presentación de solicitudes de axuda para as persoas interesadas irá do 1 ao 31 de outubro deste ano, ou cando se esgoten os fondos. A través da medida cubriranse os gastos subvencionables realizados do 30 de outubro de 2024 ao 30 de outubro de 2025. Pola súa banda, as empresas de formación de condutores que queiran adherirse como entidades colaboradoras disporán dun mes para facelo a partir de mañá e constarán como tal na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade e as solicitudes de axudas xestionaranse a través delas.

Liñas de axuda

A orde inclúe dúas liñas de axuda. Unha delas destínase a subvencionar a obtención dos permisos de condución das clases C, C1, C1+E, C+E, D, D1, D1+E. A outra céntrase nos cursos realizados para a obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial ou de 'ampliación ou promoción', para o exercicio da actividade de condutor profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada.

O importe máximo a percibir por persoa será de 1.200 euros, tanto para a obtención do permiso de condución das clases C, C1, C+E, D, D1, D1+E e/ou D+E como para a do certificado de aptitude profesional (CAP). Na modalidade de ampliación ou promoción a contía máxima será de 300 euros. En todo caso, a axuda non pode exceder o total abonado polo alumnado nin superar os 3.900 euros no caso de percibir axudas a través das dúas liñas.

A medida vai dirixida a persoas maiores de 18 anos e empadroadas en Galicia con anterioridade ao 30 de outubro de 2024. Deberán ter abonados os custos dos cursos, da matrícula e das clases de condución. Os cursos para a obtención do certificado de aptitude profesional e dos permisos de conducir das clases C ou D teñen que realizarse en Galicia, a través das empresas autorizadas como centros de formación CAP ou Autoescolas.

Apoio á mocidade

Cómpre lembrar que estas axudas se suman ás impulsadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para a obtención dos permisos de condución A2 e B para a mocidade galega, cuxa convocatoria se publicará tamén neste mes de agosto. Neste caso, o obxectivo é contribuír á mellora das posibilidades das persoas mozas de ata 30 anos en situación de desemprego, na medida en que se lles facilita un instrumento que amplía as súas competencias e o seu currículo como elemento de profesionalización, ademais de incidir positivamente na súa autonomía persoal.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 13/08/2025
1184867 {"title":"A Xunta habilita unha liña de axudas dun millón de euros para facilitar a incorporación ao mercado laboral de novos profesionais do transporte","published_date":"2025-08-13","institution_slug":"galicia","institution_name":"Xunta de Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/201199-govclipping-espana-notas-prensa.webp","id":"1184867"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-08-13/1184867-xunta-habilita-unha-lina-axudas-dun-millon-euros-facilitar-incorporacion-ao-mercado-laboral-novos-profesionais-do-transporte https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.