A Xunta lanzará este mes unha campaña para concienciar ao conxunto da cidadanía sobre o uso responsable e eficiente da auga

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Ángeles Vázquez lembra a importancia de manter boas prácticas no consumo de auga todo o ano, pero especialmente no verán cando a súa dispoñibilidade é menor e a demanda sobe en moitas localidades ao aumentar a poboación polo turismo
  • A conselleira anima aos fogares a pechar a billa ao lavar os dentes, optar pola ducha en lugar do baño, limitar o enchido de piscinas e o lavado de vehículos, regar as plantas a última ou primeira hora do día e reutilizar toda a auga que sexa posible
  • Salienta a importancia de que as empresas e administracións tamén dean exemplo con medidas como reducir o regado de parques e xardíns, non facer baldeos para a limpeza das rúas ou pechar o caudal de fontes que só teñan carácter ornamental

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Porto do Son (A Coruña), 4 de agosto de 2025

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou hoxe o concello de Porto do Son, onde anunciou que a Xunta vai lanzar este mesmo mes unha nova campaña para sensibilizar e concienciar ao conxunto da cidadanía sobre a importancia de facer un uso responsable e eficiente da auga ao tratarse dun recurso que pode escasear en certos momentos.

A responsable autonómica, que estivo acompañada polo director de Augas de Galicia, Roi Fernández, incidiu en que é fundamental manter prácticas responsables durante todo o ano, pero especialmente durante o verán pois coinciden dúas circunstancias que complican a subministración de auga: as condicións climáticas máis secas pola calor -o que reduce a dispoñibilidade deste recurso- e a maior demanda en moitas localidades -especialmente costeiras como Porto do Son- que multiplican por moito a súa poboación como consecuencia do turismo.

Por iso, Ángeles Vázquez lembrou a importancia de apelar á responsabilidade cidadá -de particulares, empresas e administracións a prol dun uso sostible dos recursos hídricos para garantir o abastecemento. Neste sentido, animou a desenvolver boas prácticas nos fogares como pechar a billa mentres se lavan os dentes, optar pola ducha en lugar do baño, limitar o enchido de piscinas, o lavado de vehículos, regar as plantas pola noite ou a primeira hora da mañá -cando a evaporación é menor- ou reutilizar toda a auga que sexa posible, entre outras.

Nesta liña, incidiu en que as empresas e administracións tamén poden dar bo exemplo dun uso eficiente da auga optimizando o seu aproveitamento e sen malgastala con medidas como reducir o regado de parques e xardíns ou escoller as mellores horas para facelo, non facer baldeos para a limpeza das rúas ou pechar o caudal de fontes que unicamente teñen carácter ornamental.

Apoios a entidades locais

A conselleira puxo en valor os pequenos xestos para mellorar a xestión dos recursos hídricos e recordou que Augas de Galicia está a apoiar aos concellos tanto técnica como financeiramente para o desenvolvemento de actuacións coas que mellorar as redes de abastecemento de auga. Neste sentido, salientou que o organismo autonómico concedeu este ano máis de 3,3 millóns de euros en axudas para que os concellos executen obras coas que reducir as perdas nos sistemas de subministración, reducindo as infiltracións ou entradas de auga que encarecen os procesos de depuración.

A eses apoios engádense outros como os 533.000 euros destinados a achegas para que as entidades locais realicen auditorías das súas redes de abastecemento, co fin de optimizar o seu funcionamento, e outros 500.000 euros en axudas para a mellora das instalacións das comunidades de usuarios de abastecemento para consumo humano.

Neste sentido, a titular de Medio Ambiente e Cambio Climático asegurou que o Executivo galego vai seguir incidindo en todas estas cuestións para avanzar nun uso responsable e eficiente da auga que permita aproveitar un recurso vital desde o punto de vista social, económico e medioambiental. De feito, concluíu, é un dos elementos e unha das características básicas da Galicia verde e azul que a Xunta quere protexer no presente e de cara ao futuro.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 04/08/2025
1153954 {"title":"A Xunta lanzará este mes unha campaña para concienciar ao conxunto da cidadanía sobre o uso responsable e eficiente da auga","published_date":"2025-08-04","institution_slug":"galicia","institution_name":"Xunta de Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/200780-govclipping-espana-notas-prensa.webp","id":"1153954"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-08-04/1153954-xunta-lanzara-mes-unha-campana-concienciar-ao-conxunto-da-cidadania-uso-responsable-e-eficiente-da-auga https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.