A Xunta coopera co Concello do Pino para a humanización das rúas Forcarei e dos Mollaos, que suporá un investimento de 605.000 euros
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Trátase de acondicionar estas dúas rúas situadas no núcleo do Pedrouzo, mellorando os accesos e os servizos e dotacións municipais, nesta entorna de paso do Camiño de Santiago
- A Xunta asume a través deste acordo o 70% do orzamento, case 424.000€, contratará e executará as obras, mentres que o Concello achega o 30% restante
- As obras enmárcase no Plan Hurbe, un programa impulsado polo departamento que dirixe María M. Allegue co se contribúe a promover o desenvolvemento dos núcleos rurais da comunidade, como motores de dinamización
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2025
A Xunta cooperará co Concello do Pino para a humanización da rúa Forcarei e a rúa dos Mollaos, que suporá un investimento superior aos 605.000 euros. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto ao secretario xeral técnico da Consellería, Yago Borrajo, asinou hoxe en San Caetano co alcalde do concello coruñés, Manuel Taboada, o convenio para executar estas obras.
A través desta cooperación, trátase de acondicionar estas dúas rúas situadas no núcleo urbano do Pedrouzo, mellorando os accesos e os servizos e dotacións municipais, nesta entorna de paso do Camiño de Santiago. En concreto, a rúa dos Mollaos presenta un elevado tránsito de peregrinos, xa que en ela atópanse 3 aloxamentos que dan servizo a estes.
A execución destas obras enmárcase nas medidas e liñas de colaboración do Plan Hurbe, coas que a través da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas se contribúe a promover o desenvolvemento das vilas e núcleos rurais da comunidade autónoma como motores de dinamización que permiten achegar o modelo urbano a todo o territorio.
O Goberno galego financiará estes traballos coa achega do 70% do orzamento, case 424.000 euros, e contratará e executará as obras, e o Concello do Pino achegará o 30% restante do custe das obras, preto de 182.000 euros.
A colaboración entre o departamento que dirixe María M. Allegue e o Concello do Pino, enmárcase na continuada colaboración entre o Goberno galego e as entidades locais para a execución de obras e outras actuacións en materia de urbanismo.