A Xunta adxudica por preto de 310.000 euros a execución das obras dunha glorieta e de mellora do firme no acceso a Cequeliños, en Arbo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Os traballos levaranse a cabo na zona que vai do acceso a Mandelos ata o acceso ao lugar de Cequeliños e consistirán na dotación dunha glorieta
- Tamén se mellorará o trazado da antiga PO-400, ampliando os carrís ata os tres metros de ancho, así como as beiravías
- Acondicionarase o firme en todo o trazado desta estrada autonómica nesta zona
- Nos vindeiros días asinarase o contrato destas obras e previse o seu inicio este mes
- Estas intervencións contribuirán a reforzar a seguridade viaria nesta contorna cun elevado tráfico de vehículos pesados e escasa visibilidade
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2025
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas adxudicou por un importe de 308.909 euros as obras de construción dunha glorieta e de mellora do firme no acceso a Cequeliños, en Arbo.
Este contrato, adxudicado á empresa Excavaciones y Construcciones Manuel Pérez Portela, S.L., asinarase nos vindeiros días, co obxectivo de comezar as obras este mes.
Os traballos obxecto deste contrato levaranse a cabo na zona que vai do acceso a Mandelos ata o acceso ao lugar de Cequeliños e consistirán na dotación dunha glorieta de 15 metros de radio que permitirá aliviar o tráfico desta zona e reordenar as interseccións próximas.
As actuacións tamén permitirán mellorar o trazado da antiga PO-400, ampliando os carrís ata os tres metros de ancho, así como as beiravías.
Ademais, rehabilitarase o pavimento en todo o trazado desta estrada ao seu paso por esta zona.
O obxectivo é reforzar a seguridade nesta zona que conta cun elevado tráfico de vehículos pesados e escasa visibilidade.
O departamento que dirixe María M. Allegue segue traballando na mellora e mantemento da rede de estradas de titularidade autonómicas.