A Xunta incrementa nun 22 % a dotación das axudas a salas de cine para apoiar a súa actividade anual con 465.000 euros

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pretende contribuír a posibilitar proxectos de dinamización e captación de público e programacións especiais ou regulares de cine galego, europeo ou de países con baixa representación
  • A convocatoria, de concorrencia non competitiva, comezará o 11 de agosto e estenderase ata o 11 de setembro
Imagen del artículo A Xunta incrementa nun 22 % a dotación das axudas a salas de cine para apoiar a súa actividade anual con 465.000 euros
Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2025

A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia as bases da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dunha nova edición da convocatoria de axudas dirixidas á actividade das salas de cine galegas, para a que se dirixe este ano unha dotación de 465.000 euros, o que supón un incremento do 22,36 % respecto ao orzamento de 2024 para esta liña de apoio.

As subvencións, que por vez primeira se resolverán nun proceso de concorrencia non competitiva, destinaranse ao deseño e execución de accións dirixidas a diversificar a oferta de contidos, fidelizar públicos e garantir a permanencia dos espazos de exhibición cinematográfica galegos, con especial coidado das salas situadas en poboacións rurais. Con esta iniciativa, a Xunta reforza o seu compromiso co sector da exhibición cinematográfica, promovendo a sustentabilidade das salas e a accesibilidade da cidadanía á creación audiovisual galega e europea.

Poden ser beneficiarias destas axudas as persoas autónomas e empresas titulares de salas de exhibición comercial de cine situadas en Galicia, e as solicitudes deben presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia entre o 11 de agosto e o 11 de setembro.

Máis para concellos pequenos e versións subtituladas

A contía máxima das adxudicacións poderá chegar ao 100 % do custe das actividades, co tope de ata 12.000 euros en salas de entre unha ou dúas pantallas e 18.000 euros no caso de espazos con seis ou máis pantallas. Estas cantidades poden incrementarse en 3.000 euros máis no caso de espazos de exhibición cinematográfica situados en concellos con menos de 25.000 habitantes.

Ademais, as salas que durante o período subvencionable programen máis do 50 % de títulos non nacionais e os proxecten en versión orixinal subtitulada tamén poden lograr un incremento de 3.000 euros da contía base.

O período de desenvolvemento dos proxectos subvencionables será desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o 30 de xuño de 2026 e o prazo máximo para resolver as solicitudes presentadas ao abeiro desta convocatoria será de catro meses, contados a partir do día seguinte á presentación das solicitudes.

Recoñecemento como espazos integradores

Con esta canle de apoio, impulsaranse proxectos destinados a campañas de dinamización e captación de público, destacando as dirixidas ao infantil ou xuvenil e ao colectivo de persoas xubiladas. As iniciativas relacionadas co cinema galego en programacións especiais ou regulares e as actividades como encontros ou presentacións que fomenten a interacción do público cos filmes tamén entran nesta liña. A promoción do cinema europeo ou de terceiros países con pouca representación nas salas son outros proxectos que se incentivan a través destas subvencións.

A Xunta colabora así na pervivencia das salas da Comunidade fronte aos cambios de hábito de consumo, a irrupción das plataformas de vídeo baixo demanda e a dependencia de películas de grandes estudos non europeos, factores que condicionan a programación das carteleiras. Deste xeito, esta liña contribúe á permanencia e consolidación dos espazos cinematográficos como lugares de exhibición do audiovisual, recoñecendo a súa importancia como centros culturais representativos, socializadores, e integradores, particularmente as salas situadas en poboacións rurais.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 02/08/2025
1149920 {"title":"A Xunta incrementa nun 22 % a dotación das axudas a salas de cine para apoiar a súa actividade anual con 465.000 euros","published_date":"2025-08-02","institution_slug":"galicia","institution_name":"Xunta de Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1149920"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-08-02/1149920-xunta-incrementa-nun-22-dotacion-das-axudas-salas-cine-apoiar-sua-actividade-anual-465-000-euros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.