López Campos reafirma o Museo de arte contemporánea Sargadelos-Carlos Maside como "faro global da cultura"

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude destaca o edificio e a colección de 1447 obras coma "un dos símbolos culturais máis senlleiros de Galicia"
  • O centro conta xa coa máxima protección, tras a súa declaración como Ben de Interese Cultural por parte do Consello da Xunta
  • O recoñecemento chega despois de que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude completase o procedemento ao considerar a súa especial significación para a comprensión da arte contemporánea galega

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou hoxe o Museo de Arte Contemporánea Sargadelos-Carlos Maside tras a declaración como Ben de Interese Cultural deste centro e a súa colección de arte aprobado no Consello da Xunta o pasado 21 de xuño.

Na súa visita, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o propietario de Sargadelos, Segismundo García, o representante do Goberno galego referiuse a este centro como un "faro global da cultura galega que nos proxecta máis alá das nosas fronteiras mantendo viva a esencia pola que foi creado". Neste senso, López Campos puxo en valor o interese arquitectónico e artístico para a historia de Galicia "dun dos símbolos culturais máis senlleiros da nosa Comunidade".

O recoñecemento como Ben de Interese Cultural para o edificio do museo e a colección de 1.447 obras chega despois dun proceso iniciado en 2023, cando a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude decidiu incoar o expediente ao considerar que a institución museística se configura como un ben cun valor cultural sobranceiro en termos históricos, artísticos e documentais, composto tanto polo continente como polo contido.

Así, este centro xestionado pola Fundación Sargadelos contará a partir de agora cun recoñecemento que o distingue como relevante e de especial significación para a comprensión da arte contemporánea galega, un feito que propiciará o establecemento de sistemas para velar pola súa conservación e unha mellor divulgación deste legado para o seu estudo, investigación e goce por parte da sociedade.

Deste xeito, o edificio está considerado un fito na arquitectura contemporánea española que amosa na súa linguaxe construtiva a integración das influencias artísticas internacionais recollidas por Luís Seoane, Isaac Díaz Pardo e Andrés Fernández-Albalat, e reúne os avances e as innovacións dos daquela novos espazos museísticos e culturais que se estaban definindo. Ademais, o espazo logra desenvolver unha simbiose coas súas partes integrantes e as pezas que acolle, concibido para albergar un conxunto artístico cun grande alcance simbólico e representativo da evolución da arte galega do século XX.

Ao seu valor arquitectónico úneselle o seu papel na promoción e difusión da obra dun grupo de artistas marcados polo exilio e polas xeracións posteriores que tomaron o relevo no seu traballo para reforzar e actualizar unha identidade cultural galega propia fundamentada nas máis avanzadas tendencias artísticas e de pensamento europeas. Así, a colección artística reúne pezas de históricos como Luís Seoane, Castelao, Reimundo Patiño, Alfonso Sucasas ou Urbano Lugrís.

Este recoñecemento eleva ata os 790 os elementos que contan con esta distinción en Galicia e supón a aplicación de inmediato do réxime de tutela da Lei de Patrimonio Cultural e, polo tanto, o maior nivel de protección.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 01/08/2025
1145979 {"title":"López Campos reafirma o Museo de arte contemporánea Sargadelos-Carlos Maside como \"faro global da cultura\"","published_date":"2025-08-01","institution_slug":"galicia","institution_name":"Xunta de Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/200145-govclipping-espana-notas-prensa.webp","id":"1145979"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-08-01/1145979-lopez-campos-reafirma-museo-arte-contemporanea-sargadelos-carlos-maside-como-faro-global-da-cultura https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.