Marta Villaverde sitúa a Produart como escaparate dos valores da sostibilidade dos recursos pesqueiros, da tradición artesanal e o patrimonio cultural
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A conselleira do Mar inaugura a 23 edición deste evento que se desenvolve en Burela ata o domingo, e que organiza a Fundación Expomar xunto coa 39 Feira do Bonito
- Os portos lucenses recibiron 1.375 toneladas de atún o pasado ano, xerando un negocio de preto de 6,57 millóns de euros, un 20,1% máis con respecto a 2023

Burela (Lugo), 1 de agosto de 2025
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou este venres na inauguración da XXIII Feira de Produtos Artesanais e Ecolóxicos de Burela (Produart), que organiza a Fundación Expomar xunto coa 39 Feira do Bonito, declarada Festa de Interese Turístico Galego e Nacional. A responsable autonómica destacou a importancia da súa celebración, pois esta nova edición que, novamente conta coa colaboración do Goberno galego, consolídaa como escaparate dos valores da sostibilidade dos recursos pesqueiros, da tradición artesanal e do patrimonio cultural vinculado ao mar.
Deste xeito, máis de 50 expositores promocionan ata o domingo os produtos locais, artesanais, tradicionais e innovadores, convertendo a esta localidade mariñeira no escenario idóneo para difundir e achegar o mundo do mar ao conxunto á poboación, entendéndoo como fonte xeradora de alimentos saudables e como actividade que impulsa a economía das zonas costeiras.
E é que este ano Produart aposta polo estímulo e potenciación dunha produción máis ética, menos agresiva co medio e por un consumo máis sostible e de respecto ao medioambiente, converténdose nunha extraordinaria plataforma de exposición comercial para produtores, comerciantes e consumidores.
Campaña do Bonito do Norte
Burela é a capital galega do Bonito do Norte, pois o porto desta localidade é un dos máis destacados do mundo tanto por tradición como por volume de capturas. Os peiraos lucenses recibiron 1.375 toneladas desta especie o ano pasado. O valor en lonxa aproximouse aos 6,7 millóns de euros, un 20,1% máis que no exercicio anterior. No que vai de 2025, nas rulas de A Mariña poxáronse 605 toneladas cun valor económico de preto de 2,54 millóns, o que supón un 4,94% máis que no mesmo período de 2024.
En consecuencia, a campaña actual de pesca do bonito no Cantábrico, cun arco de 25%-30% máis, está a experimentar un aumento significativo nas capturas en comparación coa tempada anterior. Ademais, o prezo medio é superior ao do ano pasado, situándose en 5,77 euros fronte aos 4,69 de 2024, nas mesmas datas.
O TAC para o trienio 2024-26 ascende a 47.251 toneladas, fronte ás 37.801 toneladas de tope correspondentes aos tres últimos anos. A frota do Cantábrico poderá capturar así 4.132 toneladas máis, un incremento que permitirá ás embarcacións faenar con certa tranquilidade e sen o temor ao peche prematuro da pesqueira por esgotamento de cota, como sucedeu nas campañas de 2022, 2021 e 2020.