Belén do Campo destaca o investimento de case 60.000€ que recibiron os concellos da comarca ordes para a correción de impactos urbanísticos en edificios e outros elementos municipais
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A delegada da Xunta salientou que estas achegas, que contaron cunha elevada demanda, permitirán estender o fermosismoa máis localidades e vilas de Galicia
- Belén do Campo visitou o concello de Tordoia no que se levou a cabo a renovación da cuberta do local social e Casa do Maior de Vilarchán ao abeiro desta orde

Tordoia (A Coruña), 31 de xullo de 2025
A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo alcalde Tordoia, Eduardo Antonio Pereiro, visitou o Concello para informar das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos en edificios de titularidade municipal ou equipamentos -como fontes, lavadoiros públicos, palcos de música ou hórreos- que repartiron en Galicia un millón de euros, o total orzamentado na convocatoria.
Concretamente, no concello Tordoia, aprobouse unha axuda, da liña I de equipamento municipais de tipo sanitario-asistencia, educativo, cultural ou administrativo-institucional (fachadas, cubertas...) para levar a cabo renovación da cuberta do local social de Vilarchán, que tamén ten uso como Casa do Maior na súa planta baixa, cun apoio do Goberno galego de case 20.000 euros.
As obras a realizar estiveron encamiñadas a mellorar a súa integración paisaxística, solventando aqueles impactos visuais que están a xerar na súa envolvente na contorna próxima. Para elo, partiuse como premisa principal a idea de dotar ao edificio dunha resolución de cuberta acorde ao seu entorno. Deste modo levouse a cabo a desmontaxe das pranchas de fibrocemento existente e a súa substitución por taboleiro sándwich de madeira cunha impermeabilización a partir de placas onduladas asfálticas e o seu remate con tella cerámica país.
Reparto axudas
Neste senso, a representante do Goberno autonómico destacou que a Xunta de Galicia aprobou, este ano, a concesión de 55 axudas a concellos para o desenvolvemento de 67 intervencións, das cales na provincia da Coruña se aprobaron 16 actuacións en 13 municipios por importe de máis de 270.000 euros. Concretamente, na comarca Ordes, aprobaronse 3 axudas, dúas para o Concello de Ordes e unha para Tordoia, por un importe de case 60.000 euros.
Belén do Campo explicou que estas achegas se esgotaron rápidamente, tras abrirse o prazo de presentación de solicitudes e destacou que as actuacións que se levarán a cabo permitirán estender o fermosismo a moitas máis localidades e vilas de Galicia.
A representante do Goberno autonómico incidiu en que estes apoios permitirán renovar as fachadas e cubertas distintas edificacións públicas, os cerramentos desas instalacións así como arranxo de elementos que forman parte do patrimonio municipal como lavadoiros ou fontes.
Axudas a concellos
As achegas destinadas aos municipios para a corrección de impactos paisaxísticos pretenden mellorar o estado de edificios de titularidade municipal e equipamentos en congruencia cos valores recollidos no Catálogo das paisaxes de Galicia e cos obxectivos e valores que aparecen nas Directrices da Paisaxe de Galicia.
Estes apoios materialízanse a través de dúas liñas: a primeira para edificios ou dependencias de prestación de servizos municipais -para a renovación de fachadas, cubertas ou muros de cerramento de predios- e a segunda para equipamentos -como lavadoiros, fontes, palcos da música ou hórreos que polo seus deficiente estado de conservación ou pola súa propia configuración se asocian co feísmo e producen unha distorsión da paisaxe na contorna natural ou urbana onde se sitúan- e outras construcións ou instalacións municipais destinadas a outros equipamentos de servizos públicos como o revestimento exterior de muros de cerramento de terreos.
As axudas fináncianse integramente con fondo propio da Xunta sendo a achega en cada solicitude dun máximo do 70% do investimento subvencionable, co límite de 40.000 euros por concello (un máximo de 20.000 euros na liña 1 de edificios e cubertas e o mesmo na liña 2 de equipamentos). Á hora de realizar as actuacións deben aplicarse os criterios e recomendacións da Guía de cor e materiais, ademais de axustarse ás condicións que veñen impostas pola normativa municipal e sectorial.