A Xunta licita por 1 M€ a redacción do proxecto e a dirección das obras do Teatro Cine Fraga

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O Goberno galego, en coordinación coa Deputación de Pontevedra, tramita por exclusividade o contrato para que sexa o arquitecto César Portela, autor do proxecto orixinal, quen continúe cos traballos no inmoble
  • Prevese un período de tres meses para resolver os trámites administrativos e outros seis para que se presente o proxecto
  • O obxectivo das novas intervencións é respectar as xa realizadas, cuxos dereitos de propiedade intelectual corresponden ao equipo técnico de Portela
  • O titular de Cultura do Executivo autonómico destaca que se vai contar cun espazo escénico, musical, audiovisual e literario "de referencia no noroeste peninsular"
  • Tirarase proveito dos 7.000 metros cadrados para ofrecer unha ampla programación que teña en conta as achegas da cidadanía ao longo do proceso participativo

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Vigo, 31 de xullo de 2025

A Xunta de Galicia licita por 1 M€ (IVE incluído) a redacción do proxecto básico e de execución, así como a dirección das obras do Teatro Cine Fraga de Vigo. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, quen explicou que, en coordinación coa Deputación de Pontevedra, acaba de iniciarse o trámite por exclusividade do contrato para que sexa o arquitecto César Portela, autor e propietario intelectual do proxecto orixinal e director da actuacións xa executadas, quen asuma esta responsabilidade de rematar os traballos do inmoble adquirido por ambas as dúas administracións.

Xunto coa vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, e acompañados polo arquitecto César Portela, da delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e do director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, o responsable de Cultura do Goberno galego puxo en valor as obras realizadas con anterioridade á adquisición do inmoble por ambas as dúas administracións. Neste senso, salientou que dándolle continuidade ao proxecto orixinal "respéctase a intervención xa realizada incorporando as actualizacións que sexan precisas".

En canto aos prazos, o representante do Goberno galego concretou que a partir deste momento precísase de tres meses para resolver a tramitación do expediente de cara a proceder a adxudicación do contrato e, unha vez resolto e asinado, cóntase dun prazo de execución estimado de seis meses para que a redacción do plan de traballo estea culminado, "o que permitirá abrir o novo escenario que dea lugar ao inicio da licitación das obras no primeiro semestre do ano 2026", avanzou.

Compromiso con Vigo

"Cumprimos coa palabra, cumprimos co Teatro Cine Fraga e sobre todo, cumprimos con Vigo e cos vigueses", aseverou López Campos, quen lembrou que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude tiña comprometida a licitación da redacción do proxecto das obras antes de que finalizase o mes de xullo. Por estes motivos, destacou que a Xunta está a demostrar que "avanza, segundo os prazos dados, no proceso de recuperación deste emblema" co obxectivo de erixilo "nun espazo escénico, musical, audiovisual e literario de referencia de primeiro nivel no noroeste peninsular".

Precisamente, o conselleiro fixo fincapé en que, "transcorrido tan só un ano da súa adquisición, o inmoble xa conta cunhas liñas estratéxicas definidas e cun plan de usos perfilado", do que puxo en valor que se tiveron en conta "as valiosas achegas" feitas pola cidadanía a través da campaña, presencial e virtual, O mellor espazo busca o mellor contido.

"O Teatro Cine Fraga non é para Vigo, é de Vigo", enxalzou sobre valor das propostas da veciñanza. Ao respecto, agradeceu a súa participación activa para que este espazo emblemático, de 7.000 metros cadrados, "conte coa programación cultural de calidade que merecen os vigueses e, ao tempo, se erixa no epicentro de innovación cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal".

Con este propósito, explicou que a finalidade de ambas as dúas administracións é recuperalo para transformalo nun espazo cultural "flexible e polivalente" que favoreza a produción e a experimentación, a través de iniciativas vencelladas ás artes musicais, audiovisuais e literarias. Nesta liña, indicou que se prevé a posta en marcha de residencias artísticas para profesionais locais e tamén de todo o noroeste peninsular "dando pulo e espazo a creadores da cidade e propiciando sinerxías e colaboracións entre artistas do territorio galego, do resto de España e de Portugal".

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 31/07/2025
1141690 {"title":"A Xunta licita por 1 M€ a redacción do proxecto e a dirección das obras do Teatro Cine Fraga","published_date":"2025-07-31","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/199744-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1141690"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-31/1141690-xunta-licita-1-m-redaccion-do-proxecto-e-direccion-das-obras-do-teatro-cine-fraga https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.