Belén do Campo anima aos consumidores a aproveitar o Bono Peixe e aos negocios a seguir adheríndose para beneficiarse deste novidoso programa da Xunta
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A delegada da Xunta destacou que esta é unha medida pioneira, cunha vixencia de 10 semanas, e que sitúa a Galicia como referente internacional na promoción do consumo de produtos pesqueiros
- A representante do Goberno autonómico informou que esta acción, que mobiliza 2,5 millóns de euros, e a previsión é que alcance a 50.000 potenciais usuarios xerando un impacto económico de, polo menos, 10 millóns de euros
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Coruña, 31 de xullo de 2025
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada pola Presidenta da Asociación de Comerciantes Distrito Os Mallos da Coruña, Alba Balsa, visitou, esta mañá, a peixería Tania Pose, un comercio local de proximidade en pleno corazón do barrio dos Mallos, para animar aos consumidores a aproveitar o Bono Peixe e aos negocios a seguir adheríndose para beneficiarse deste novidoso programa da Xunta. Esta iniciativa está dotada con 2,5 millóns de euros e a previsión é que alcance a 50.000 potenciais usuarios xerando un impacto económico de, polo menos, 10 millóns de euros.
A representante do Goberno autonómico informou que nestes momentos hai adheridos en Galicia 702 negocios dos cales 279 son da provincia da Coruña 279 e 64 da cidade da Coruña e que se levan descargados en toda Galicia 94.742 bonos, dos cales 41.554 son da provincia da Coruña. A delegada tamén recalcou que dos 250.000 euros do importe dispoñible nesta primeira quenda xa se realizaron descontos por un importe de 40.464 que supuxeron un importe de ventas totais de 214.343 euros.
Esta nova iniciativa do Goberno galego busca incentivar o consumo de peixe e marisco fresco, ao tempo que dinamiza o comercio. Durante a visita, Do Campo destacou que o Bono Peixe permite aos consumidores aforrar nas súas compras en peixarías adheridas, contribuíndo así a facer máis accesible o consumo de produtos mariños de alta calidade. "Falamos de peixe e marisco, que son sinónimo de frescura, de sostibilidade e de identidade", indicou.
A delegada tamén animou aos establecementos a participar nesta campaña neste senso, sinalou que "as peixarías non só ofrecen produto fresco, senón tamén coñecemento e trato próximo". "Esta campaña é unha oportunidade para recoñecer ese labor e apoiar a economía local", recalcou.
Descontos
Este programa ofrece un desconto do 25%, ata un máximo de 5 euros semanas, nas compras de peixe e mariscos frescos. Esta medida que contará cunha vixencia de 10 semanas, é pioneira e sitúa a Galicia como referente internacional na promoción do consumo dos alimentos mariños
A delegada destacou que este programa se suma a outras liñas de traballo como a campaña GALICIA SABE AMAR, ou a promoción en feiras internacionais ou eventos deportivos e culturais. Belén do Campo recordou que reverter a tendencia negativa no consumo de produtos pesqueiros é un dos grandes retos da cadea mar-industria, un sector estratéxico na comunidade, que representa o 5% do PIB, cunha facturación que alcanza os 11.600 millóns de euros anuais e ao redor de 50.000 empregos directos.
Impacto na saúde
A delegada tamén destacou que esta medida tamén ten un impacto na saúde e benestar da cidadanía galega xa que os produtos do mar contan cunhas propiedades nutricionais excepcionais e a súa presenza nas nosas dietas presente importantes beneficios á hora de previr enfermidades e doenzas. Nesta liña, recordou que o peixe ofrece unha proteína de máxima calidade cunha baixa pegada de carbono polo que o seu consumo tamén permite coidar do planeta.