Martina Aneiros visita os traballos da terceira campaña arqueolóxica no castro de Esmelle
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A delegada territorial da Xunta en Ferrol participou esta mañá, xunto ao alcalde de Ferrol, o reitor da UDC, a vicerreitora do Campus de Ferrol, e representantes municipais e veciñais, nunha visita guiada ao xacemento da man dos directores da escavación, Samuel Nión e Juan Luis Montero Fenollós
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ferrol, 30 de xullo de 2025
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá nunha visita á escavación arqueolóxica que se está a levar a cabo no castro de Esmelle, coñecido como Tralocastro, promovida pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial da Universidade da Coruña (UDC) e o Concello de Ferrol, que este ano vai contar con financiación da Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Durante a visita, que estivo guiada polo director da Cátedra, Juan Luis Montero Fenollós e o investigador do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), Samuel Nión, directores da escavación, os participantes entre os que tamén se atopaba o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, o reitor da UDC, Ricardo Cao, a vicerreitora do Campus de Ferrol, Ana Ares, e representantes municipais e veciñais, coñeceron os traballos desta terceira campaña na que se lle dá continuidade ós achados dos dous anos anteriores, incluíndo tamén unha actuación na croa do castro.
Estes traballos finalizan o 1 de agosto e serán retomados na primeira quincena do mes de setembro para realizar actuacións de restauración, consolidación e musealización co obxectivo de que o xacemento poida ser visitable.
A delegada territorial puxo en valor a colaboración económica que este ano realiza a Xunta de Galicia "coa que pretendemos favorecer a posta en valor deste xacemento arqueolóxico e tamén o coñecemento deste achado para avanzar na súa investigación e divulgación".