A Xunta lamenta o bloqueo do Goberno central á tramitación da dragaxe do río Lérez á espera da autorización do punto de depósito dos áridos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Portos de Galicia continúa agardando a resposta do Miteco despois de remitir en abril o informe definitivo do Cedex en relación á proposta dos puntos onde descargar os sedimentos retirados nas dragaxes das Rías Baixas
  • O pasado 24 de xullo celebrouse un encontro no Ministerio no que o Centro de Estudios de Portos e Costas, dependente do Cedex, presentou o estudo de alternativas realizado sen que se concretaran avances no proceso de autorización
  • O Goberno galego critica a "inexplicable" desidia do Estado que impide o desenvolvemento dunha actuación moi demandada que conta cun orzamento de 3 millóns de euros

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2025

A Xunta lamenta o bloqueo do Goberno central á tramitación da dragaxe do río Lérez dado que se continúa á espera da autorización dos puntos de depósito dos áridos por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Miteco). Nesta liña, o Goberno galego denuncia que esta situación é extensible a 16 obras de dragaxe no litoral sur da comunidade e de xeito sinalado á dragaxe do río Lérez pola decisión trasladada en abril de 2021 de non autorizar máis vertidos no punto E8, no exterior de Sálvora, que supuxo a paralizando a tramitación de todas as dragaxes do sur de Galicia.

O pasado mes de abril Portos de Galicia remitiu ao Miteco o informe técnico definitivo do CEDEX, organismo técnico de recoñecido prestixio dependente do Goberno central, en relación á proposta de puntos de depósito dos áridos procedentes das dragaxes das Rías Baixas, nomeadamente a do Lérez, en Pontevedra. Así, mantén nas súas conclusións o punto E8, situado nas inmediacións da illa de Sálvora, como "alternativa prioritaria". Tamén introducía como novidade nas dragaxes da ría de Pontevedra que poderá "verterse indistintamente na zona D ou na E8" e engade que "sería adecuado propoñer un enfoque individual en cada proxecto".

Un documento que está sustentado no traballo de campo realizado pola comisión integrada por Portos de Galicia, as Autoridades Portuarias do Estado en Galicia e o propio CEDEX ao longo dos últimos catro anos para elaborar o estudio de alternativas solicitado polo MITECO no momento da clausura do punto E8 en 2021. Desde a Administración autonómica recordan que o pasado 24 de xullo celebrouse unha reunión na que participaron representantes do Miteco, Portos do Estado e Portos de Galicia, na que Centro de Estudios de Portos e Costas, dependente do Cedex, presentou o estudo de alternativas realizado sen que se traducira en avances concretos no proceso de autorización, competencia exclusiva do Ministerio.

Neste contexto, a Xunta critica a "inexplicable" desidia do Estado que impide iniciar a tramitación ambiental e posterior licitación das obras de dragaxe do Lérez, que contan cun orzamento de 3 millóns de euros, así como dos 16 paralizados ao sur da ría de Muros. O Goberno galego resalta o prexuízo causado aos intereses do sector portuario da ría de Pontevedra cunha espera de máis de catro anos para que o Ministerio estableza alternativas onde depositar o áridos das dragaxes previstas.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 29/07/2025
1140440 {"title":"A Xunta lamenta o bloqueo do Goberno central á tramitación da dragaxe do río Lérez á espera da autorización do punto de depósito dos áridos","published_date":"2025-07-29","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/198980-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1140440"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-29/1140440-xunta-lamenta-bloqueo-do-goberno-central-tramitacion-da-dragaxe-do-rio-lerez-espera-da-autorizacion-do-punto-deposito-dos-aridos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.