A Xunta colabora co concello de Silleda nas obras de mellora da Avenida do Parque

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A actuación permitirá a remodelación integral da contorna desta arteria do casco urbano, coa modernización das infraestruturas, a creación de novos espazos públicos accesibles e a mellora da eficiencia dos servizos urbanos
  • O Goberno galego financia o 14% do orzamento, preto de 105.000€, mentres que o Concello de Silleda aportará o 6% e a Deputación de Pontevedra o 80% do investimento total previsto, que ascende a preto de 750.000€
  • Allegue subliña a actuación como "exemplo de colaboración entre administracións" e lembra o compromiso da Xunta para apoiar aos concellos en intervencións "para transformar o territorio, na procura dun urbanismo sostible e responsable"
  • A intervención prevista permitirá mellorar a accesibilidade, seguridade viaria e adecuación dos servizos públicos nesta avenida

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto á directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asinou hoxe coa alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, o convenio de colaboración para a execución das obras de mellora da mobilidade peonil na avenida do Parque deste municipio. De acordo a este acordo, a Xunta financiará con case 105.000€ esta actuación, cuxo investimento total se eleva a preto de 750.0000€.

A intervención permitirá a transformación integral da contorna da avenida do Parque, coa modernización das infraestruturas, a creación de novos espazos públicos accesibles e a mellora da eficiencia dos servizos urbanos.

O Goberno galego contribuirá á financiación da actuación coa achega do 14% do orzamento, preto de 105.000€, mentres que e o Concello de Silleda aportará o 6% do investimento total previsto e a Deputación de Pontevedra achegará preto de 598.000€, equivalente ao 80% do investimento previsto.

A conselleira destacou este convenio como "exemplo de colaboración entre administracións" e lembrou que a Xunta está a apoiar actuacións como a prevista en Silleda "que contribúan a recuperar espazos públicos dos nosos concellos para transformar o territorio, na procura dun urbanismo sostible e responsable". Allegue subliñou neste senso o proxecto a desenvolver na avenida do Parque, que permitirá humanizar espazos, mellorar a accesibilidade e acadar espazos máis seguros para a veciñanza, para a revitalización da contorna.

A intervención

A avenida do Parque é unha das principais arterias do casco urbano de Silleda e vertebra a mobilidade entre espazos clave do municipio, como a área comercial e hostaleira do centro urbano, xeradora de actividade económica e social, e diversas zonas residenciais e equipamentos públicos fundamentais, incluíndo o parque central, a igrexa parroquial e diferentes espazos culturais. Coa actuación prevista, mellorarase a accesibilidade, seguridade viaria e adecuaranse os servizos públicos.

O proxecto integra unha serie de intervencións, entre elas a humanización e mellora da accesibilidade; a modernización de infraestruturas subterráneas, incluíndo o soterramento do cableado eléctrico e de telecomunicacións, a renovación da rede de iluminación pública con luminarias LED; a creación dunha zona verde; a renovación da pavimentación con pedra natural ou a ampliación dos servizos culturais, coa apertura da igrexa parroquial cara á Rúa Santa Olaia, xerando un espazo aberto con escalinatas tipo auditorio para eventos culturais ao aire libre.

O proxecto enmárcase dentro das políticas municipais de transformación urbana sostible e accesible, aliñándose co Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) de Silleda, co Plan de Acción para a Axenda 2030 e co programa Cinto Verde, unha estratexia municipal que busca conectar todo o casco urbano a través de rúas humanizadas, accesibles e sostibles.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 29/07/2025
1136972 {"title":"A Xunta colabora co concello de Silleda nas obras de mellora da Avenida do Parque","published_date":"2025-07-29","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/198542-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1136972"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-29/1136972-xunta-colabora-co-concello-silleda-nas-obras-mellora-da-avenida-do-parque https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.