A Xunta dá luz verde ambiental condicionada ao proxecto de urbanización do ámbito do plan parcial de solo urbanizable no polígono de Veigadaña, en Mos
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a iniciativa teña efectos adversos significativos na contorna sempre que se cumpran as condicións fixadas no propio informe ambiental e na documentación avaliada
- As intervencións proxectadas centraranse na ampliación e acondicionamento da rede viaria, a creación de 22 prazas de aparcamento, zonas verdes, a canalización de recollida de augas pluviais e o soterramento das liñas eléctricas e telefónicas

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2025
A Xunta de Galicia acaba de dar luz verde ambiental condicionada ao proxecto de urbanización do ámbito do plan parcial do solo urbanizable delimitado industrial 06 Veigadaña, no concello pontevedrés de Mos.
O informe de impacto ambiental (IIA) que acaba de ditar a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia, conclúe que non son previsibles efectos adversos significativos sobre a contorna derivados do proxecto, sempre e cando se cumpra cos condicionantes fixados tanto no documento ambiental como na restante documentación analizada durante o procedemento, como na propia resolución autonómica.
Neste sentido, o informe foi elaborado no marco do procedemento de avaliación de impacto ambiental simplificada desta iniciativa empresarial, un trámite no que a documentación presentada polo promotor foi sometida a participación pública, sen que se recibise ningún escrito ou alegación ao respecto, ao tempo que foron consultados un total de once organismos interesados.
Froito desas consultas, a maioría de entidades realizaron a valoración correspondente do proxecto e estableceron unha serie de condicionantes que se engaden aos incluídos no propio programa de vixilancia ambiental que recolle a resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade.
Así, esas avaliacións consideran que o proxecto non vai ter impactos significativos nos distintos eidos analizados e que sería viable a súa posta en marcha cumprindo certos requisitos establecidos nos seus respectivos informes con relación con aspectos tales como a protección da atmosfera, poboación e saúde, das augas e leitos fluviais, do solo e as infraestruturas, da xestión de residuos, en materia de patrimonio natural, patrimonio cultural así como de integración paisaxística.
Unha vez emitido o IIA, que non exime ao promotor da obriga de obter todas as autorizacións, licenzas, permisos ou informes que resulten legalmente exixibles para poder desenvolver o proxecto, dáselle publicidade ao seu contido a través da publicación do anuncio no DOG e da súa posta á disposición a través da páxina web da Consellería.
Características do proxecto
A iniciativa, promovida por Meifus Inbest e na que o Concello de Mos exerce de órgano substantivo, ten por finalidade a ordenación e urbanización do ámbito do plan parcial do solo urbanizable delimitado industrial SUDI 06 Veigadaña, previsto no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do concello.
As intervencións proxectadas centraranse na ampliación e acondicionamento da rede viaria, a creación de 22 prazas de aparcamento, zonas verdes, canalización de recollida de augas pluviais e soterramento das liñas eléctricas e telefónicas.
As obras inclúen a adecuación dos terreos, derrubamento de pavimento de formigón, muros de ladrillo e cachotería, movementos de terra, instalación das canalizacións de servizos e conexións aos servizos urbanos, traballos de pavimentado, zona verde e instalación de mobiliario urbano. Ademais, para soster os terreos construiranse muros de contención de cachotería de distintas alturas e os desniveis xerados protexeranse mediante petos e varandas. A maiores, crearase un peche diáfano de 220 metros de lonxitude e algo máis de 2 metros de altura, estimándose que a superficie total de actuación é de preto de 3.800 metros cadrados.