A Xunta aproba o Proxecto de lei que converterá Galicia na primeira comunidade en prohibir o consumo de bebidas enerxéticas e vapeadores a menores

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O presidente explica que agora se remitirá o texto ao Parlamento "co obxectivo de aprobala antes de finais de ano"
  • Rueda salienta que Galicia situarase á vangarda na prevención ao "equiparar os vapeadores co tabaco e as bebidas enerxéticas co alcohol"
  • Máis do 41 % de nenas e nenos de 14 anos fumaron algunha vez cigarros electrónicos
  • O conselleiro de Sanidade resalta que se amplía a prohibición de fumar aos accesos dos centros administrativos, centros educativos e centros sanitarios, "nun radio de 50 metros, as marquesiñas de transporte ou as piscinas públicas"
  • As sancións económicas previstas poderán substituírse por programas de cesación tabáquica ou de concienciación sobre os prexuízos do consumo de alcohol para incidir no labor preventivo ou, tamén, traballos en beneficio da comunidade

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Consello aprobou o Proxecto de lei de protección da saúde das persoas menores e prevención das condutas adictivas, que converterá Galicia en pioneira na regulación da venda e consumo de vapeadores e bebidas enerxéticas. Con esta norma, explicou, a nivel de restriccións "as bebidas enerxéticas quedarán equiparadas ao alcohol e os vapeadores ao tabaco".

"Galicia vai ser a primeira comunidade de España na que se prohíba a venda e consumo destes produtos aos menores de idade", resaltou Rueda.

O Proxecto de lei aprobado hoxe polo Consello da Xunta incorpora diferentes achegas dos sectores implicados, de organismos públicos, de entidades sociais e da cidadanía e será agora remitido ao Parlamento de Galicia, co obxectivo de que "poida ser aprobado antes de que remate este ano", indicou Rueda. "Trátase dunha norma necesaria, valente e ambiciosa coa que buscamos unha acción coordinada de toda a sociedade para protexer a saúde dos menores", engadiu o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño.

Desta forma, a Xunta é a primeira Administración en elaborar un proxecto normativo que abrangue todos os riscos de comportamento para os menores de idade, incluídos produtos emerxentes. Tal e como explicou o conselleiro parte dun enfoque integral e transversal, que aborda "tanto adiccións con substancias como sen substancia (xogo, tecnoloxías...)" e combina a prevención, a promoción da saúde co control da oferta.

As medidas recollidas na Lei fundaméntanse na evidencia científica e en resultados da enquisa nacional Estudes elaborada polo Ministerio de Sanidade entre estudantes de Secundaria.

Segundo os datos do informe de 2023, con 14 anos o 41,5 % da cativada xa probou algunha vez os vapeadores. En concreto, o 45,9 % das nenas e o 37 % dos nenos e con maior porcentaxe nas rapazas de todas as idades. En cambio, o consumo de tabaco é notablemente inferior, dun 17,2 % en nenas e nenos de 14 anos e tamén sempre superior no sexo feminino con respecto ao masculino.

Debido a que os cigarros electrónicos conteñen elementos tóxicos aínda sen ter nicotina, o Proxecto de lei prohibe a súa venda e consumo a menores.

Amplíase, ademais a prohibición de fumar aos accesos de centros da administración pública, centros educativos e sanitarios, nos que non se permite fumar, nun radio de 50 metros.

Para reducir o número de fumadores pasivos, "tampouco estará permitido fumar nas marquesiñas de transporte público nin nas piscinas de uso público", indicou o conselleiro.

Riscos das bebidas enerxéticas en menores

As bebidas enerxéticas que conteñen 32 mg ou máis de cafeína por cada 100 ml e outros ingredientes estimulantes equivalen a beber tres cafés, o que se considera excesivo para menores. En adolescentes, inxestións superiores a 60 mg poden afectar o sono e, a partir de 160 mg, poden xurdir alteracións psicolóxicas e de comportamento, ademais de trastornos cardiovasculares.

Por este motivo Galicia será pioneira a nivel nacional na súa prohibición de venda e consumo por parte de menores, unha medida que tomaron polo de agora países europeos como Polonia ou Letonia.

Para contribuír á concienciación social sobre o contido destas bebidas, "os establecementos deberán situalas nun espazo separado con respecto aos refrescos", indicou Gómez Caamaño.

O consumo destas bebidas é habitual entre a xuventude mesturado con alcohol, o que incrementa os riscos de coma etílico. Neste sentido, a Consellería de Sanidade establece que os servizos sanitarios solicitarán a presenza das familias do menor que teña que ser atendido por intoxicación provocada polo consumo dalgunha substancia psicoactiva proporcionándolle asesoramento e recursos de axuda preventivos e asistenciais.

No suposto de que sexa atendido por segunda vez, ofrecerase participar nun programa de axuda e recomendarase a participación do adulto responsable.

Con respecto ao alcohol, a Xunta incidirá no papel de exemplo cara á infancia que teñen os adultos e non estará permitida a venda en centros docentes, centros de lecer infantil e outros centros de recreo dirixidos a menores ou en recintos destinados a espectáculos públicos durante actividades dirixidas a este tipo de audiencia.

Prohíbese a promoción de bebidas alcohólicas en establecementos onde estea autorizado o consumo no propio local, mediante prácticas que inciten ao consumo excesivo ou descontrolado.

Ademais, as máquinas expendedoras só poderán ofrecer bebidas alcohólicas cando dispoñan de sistemas que permitan acreditar a maioría de idade.

Foco na promoción da saúde

O Proxecto de lei incorpora como novidade a posibilidade de substituír as sancións pola participación en programas preventivos ou asistenciais como, por exemplo, programas de cesación tabáquica ou de concienciación sobre os prexuízos de beber alcohol, fumar ou consumir cánnabis, ou, tamén, traballos en beneficio da comunidade, preferentemente relacionados coa conduta infractora.

En liña coas suxestións recibidas por parte de organismos públicos, empresas dos sectores implicados, entidades sen ánimo de lucro e cidadanía, incídese na prevención no ámbito familiar, escolar, comunitario e sanitario.

En concreto, nos controis do programa de saúde infantil a partir dos 12 anos incorporaranse intervencións preventivas de cribado e intervención do consumo de alcohol, tabaco, cánnabis, bebidas enerxéticas e uso problemático das tecnoloxías dixitais.

No referente ás competencias das distintas administracións, o Proxecto de lei define as mesmas competencias para os entes locais que as establecidas na Lei de 2010 de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores e que foi pioneira a nivel estatal cando se permitía beber viño ou cervexa con menos de 18 anos. De feito, a nova norma traslada a competencia na imposición de sanción relativas ao botellón dos concellos aos departamentos territoriais de Sanidade.

Para garantir a coordinación institucional, crearase unha comisión en materia de prevención das adiccións en Galicia que estará integrada por responsables das áreas da Xunta competentes en materia de sanidade, educación, xogo, xuventude e protección da infancia, ademais das administracións locais e entidades sociais que realizan o seu labor no ámbito da prevención das adiccións, cos que se prevé asinar convenios de colaboración.


Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 28/07/2025
1129260 {"title":"A Xunta aproba o Proxecto de lei que converterá Galicia na primeira comunidade en prohibir o consumo de bebidas enerxéticas e vapeadores a menores","published_date":"2025-07-28","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/198993-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1129260"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-28/1129260-xunta-aproba-proxecto-lei-convertera-galicia-na-primeira-comunidade-prohibir-consumo-bebidas-enerxeticas-e-vapeadores-menores https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.