Rueda anuncia que a Fundación Galtia lanzará en 2026 a súa primeira convocatoria para captar investigadores de máximo nivel

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Salienta que o obxectivo "é incorporar 30 investigadores de máximo prestixio internacional ata 2030"
  • Para iso, a entidade partirá cun orzamento inicial de 35 M€ e a previsión "dun retorno de case 120 M€ na comunidade"
  • Desenvólvese o Plan plurianual de actuacións e os estatutos da Fundación como pasos previos á súa aprobación definitiva antes de que remate este ano
Imagen del artículo Rueda anuncia que a Fundación Galtia lanzará en 2026 a súa primeira convocatoria para captar investigadores de máximo nivel
Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2025

O Consello da Xunta analizou hoxe un informe sobre os trámites desenvoltos para a constitución da nova Fundación galega de atracción de talento investigador de alto nivel, a denominada Fundación Galtia. Seguindo o previsto, o obxectivo é que a entidade estea constituída no vindeiro outono e "lance a súa primeira convocatoria para captar científicos a principios de 2026", segundo indicou o presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda.

Rueda lembrou que esta entidade ten o obxectivo de "incorporar 30 investigadores de máximo prestixio internacional ata 2030" e para iso parte "cun orzamento inicial de 35 millóns de euros coa previsión de que isto supoña un retorno para a comunidade de case 120 millóns".

Con esta finalidade, tal e como amosa o informe hoxe avalidado no Consello, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP completou o groso do traballo preparatorio para poñer a funcionar Galtia, o que inclúe a elaboración do Plan plurianual de actuacións e os estatutos da Fundación, documentos que constituirán unha peza clave como base para a súa posta en marcha e desenvolvemento ordenado, garantindo a súa viabilidade e adecuación aos obxectivos definidos.

De maneira coordinada con distintos departamentos do Goberno galego, traballouse na estrutura organizativa e na dotación de persoal, que será o mínimo imprescindible para levar a cabo as súas tarefas, así como na definición das bases estratéxicas que rexerán a Fundación nas que se inclúe aspectos como a gobernanza, os apoios aos investigadores, a carteira de servizos de Galtia e a concreción do modelo de financiamento.

Pasos previstos ata outubro

Logo destes pasos, desde agora e ata outubro está prevista a finalización dos trámites xurídicos e administrativos necesarios para formalizar Galtia, así como cuestións referentes a súa localización, selección da Dirección Científica e a validación final. Logo disto, a proposta definitiva da creación da Fundación someterase á aprobación polo Consello da Xunta e publicación no Diario Oficial de Galicia antes de rematar o ano.

Posteriormente, iniciaranse os procesos selectivos para a contratación do persoal, dotando a Fundación de capacidade operativa plena. Isto permitirá realizar a contratación de servizos, a sinatura de convenios de acollida con institucións colaboradoras e o lanzamento, no primeiro semestre de 2026, da primeira convocatoria, así como o deseño dos paneis avaliadores. En paralelo, Galtia avanzará no desenvolvemento de ferramentas e na consolidación das relacións institucionais necesarias para o seu funcionamento.

O talento, unha prioridade da Xunta

A Fundación Galtia encóntrase nunha fase avanzada de xestación. Tras culminar os pasos futuros, estará en disposición de comezar a funcionar con plena capacidade, cumprindo a súa misión de reforzar o ecosistema de investigación e innovación en Galicia. Deste xeito, no 2026 lanzarase a primeira convocatoria que busca captar a cinco profesionais, realizando convocatorias anuais ata completar o elenco de 30 investigadores no ano 2030.

Tal e como resaltou Rueda, con esta iniciativa, "buscamos que científicos de máximo nivel de todo o mundo e os seus equipos elixan Galicia para establecerse" e desenvolver os seus proxectos. A captación de científicos referentes nas súas áreas de coñecemento a nivel mundial enfocarase en iniciativas de alto impacto fixadas no Plan galego de investigación e innovación 25-27, permitindo a integración destes e dos seus equipos nas estruturas científicas existentes en Galicia.

Con esta Fundación de atracción de talento investigador de alto nivel, procúrase atraer persoal que actualmente traballa noutros países, no que se prime a calidade sobre a cantidade. O seu talento e prestixio poden xerar un efecto tractor en toda a cadea de valor, coa correspondente repercusión na xeración de coñecemento, capacidade de competir en convocatorias de financiamento, publicacións e ránkings internacionais.

Co avance da constitución de Galtia, o Goberno galego segue dando pasos firmes no impulso da ciencia de calidade. Esta nova liña reforza e complementa o labor en marcha con iniciativas como o programa Oportunius, que atrae e reten investigadores que obtiveron as prestixiosas bolsas do Consello Europeo de Investigación. Así mesmo, continúase apoiando o desenvolvemento da carreira investigadora desde a súa fase inicial (a través das bolsas predoutorais e posdoutorais con opcións de estabilización) e todo un paquete de iniciativas para consolidarse mediante os grupos de investigación máis competitivos, a Rede CIGUS e un crecente ecosistema público-privado de I+D+i.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 28/07/2025
1129257 {"title":"Rueda anuncia que a Fundación Galtia lanzará en 2026 a súa primeira convocatoria para captar investigadores de máximo nivel","published_date":"2025-07-28","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1129257"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-28/1129257-rueda-anuncia-fundacion-galtia-lanzara-2026-sua-primeira-convocatoria-captar-investigadores-maximo-nivel https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.