A Xunta financia con máis de 35.000 euros dúas obras de corrección de impactos paisaxísticos no concello de Dozón
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- As axudas permitirán mellorar o acabamento da cuberta do local social de Saa e intervir no lavadoiro municipal do lugar do Mosteiro
- As obras serán posibles grazas á liña de axudas para promover o fermosismo do Executivo galego, que beneficiaron a seis concellos da provincia de Pontevedra por valor de máis de 116.000 euros

Dozón (Pontevedra), 28 de xullo de 2025
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o concello de Dozón, que recibiu unha subvención por importe de máis de 35.000 euros para desenvolver dúas actuacións ao abeiro das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A axuda permitirá mellorar o acabamento da cuberta do local social de Saa e intervir no lavadoiro municipal do lugar do Mosteiro. Desta forma o concello busca, por unha parte, mellorar as condicións dunha edificación moi utilizada polos veciños da zona e, por outra, manter en bo estado o patrimonio cultural do concello.
Cabe destacar que as accións subvencionables inclúen tanto a renovación e remate exterior de fachadas, cubertas e muros de cerramento de edificios municipais como a mellora do aspecto e conservación de elementos etnográficos como fontes, lavadoiros, palcos de música e hórreos así como doutro tipo de equipamentos públicos.
Na provincia de Pontevedra tamén se beneficiaron da convocatoria de axudas deste ano para promover o fermosismo os concellos de Meis, Caldas de Reis, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén e Covelo. En total, o destinado nesta liña de achegas a concellos da provincia de Pontevedra supera os 116.000 euros.