Os máis de 1.400 clubs beneficiarios da orde para o desenvolvemento de actividades deportivas xa recibiron o 80% da subvención
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Grazas ao pagamento por anticipado da Xunta que abonará o 20% restante da subvención unha vez recibida a documentación xustificativa
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2025
Pouco máis dun mes despois da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución das subvencións a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento especializado de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas, as máis de 1.400 entidades beneficiarias dos 2 millóns de euros de orzamento, xa recibiron o 80% das súas subvencións. Cómpre lembrar que a cifra de entidades beneficiarias representa o récord destas axudas superando en máis dun cento ás entidades do ano anterior. O pagamento do 20% restante da subvención, efectuarase unha vez recibida a documentación xustificativa da subvención.
Máis polo miúdo, a liña I, destinada a clubs, seccións deportivas e sociedades anónimas deportivas conta cun orzamento de 1,8 millóns de euros (1.790.007 euros) para 1.409 entidades beneficiarias; mentres que a liña II, destinada aos Núcleos de Adestramento Deportivo Especializado (NADEs) e cun orzamento de 209.993 euros contas con oito beneficiarios.
Cómpre salientar que estes oito NADEs -Club BKC Boxeo Kickboxing A Coruña (boxeo), Club Deportivo Natural Sport Videlgi (taekwondo), Club Halterofilia Coruña (halterofilia), Club Kayak Tudense (piragüismo), Real Club Deportivo de La Coruña (fútbol), Club de Loitas Olímpicas Vilalba (loita), Club Fluvial de Lugo (piragüismo) e CX UDC Terra Sports Academy (ximnasia)- corresponden a clubs, polo que van por esta convocatoria mentres que os outros cinco NADEs restantes cos que conta Galicia son os das federacións galegas de atletismo, karate, hóckey, squash e surf, polo que van pola convocatoria de axudas ás federacións.
Este ano, como novidade e dentro do compromiso coa loita contra a violencia, requírese a todas as entidades solicitantes que teñan aprobado o 'Protocolo de protección dos nenos, nenas e adolescentes fronte a violencia no deporte', así como que teñan designada á persoa delegada de protección e correctamente inscrita no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia no primeiro semestre de 2025.