A Xunta e a Confraría do Grove analizan as necesidades do sector e reforzan a colaboración no desenvolvemento de novas iniciativas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro puxo en valor o traballo realizado pola entidade que levou a cabo proxectos de rexeneración das zonas produtivas ao abeiro das axudas autonómicas cun investimento de case 186.000 euros
- Estes traballos permitiron a realización de labores de remoción de substrato e sementeiras de ameixa babosa nos bancos de Meloxo, Meloxo II, Vía Norte e Correlo dun total de máis de 8 millóns de unidades e 350.000 de xaponesa no Lombo das Ostras
- O pósito é beneficiario de apoios para adquisición dunha plataforma remolcable para movemento de cargas, para modernización dos equipos de pesaxe e a mellora das condición de traballo na lonxa por un valor total de 340.000 euros

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2025
A directora de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, mantivo un encontro de traballo coa patroa maior da Confraría de Pescadores do Grove, María Besada, no que analizaron as necesidades do sector. Na xuntanza, tamén estudaron o desenvolvemento de novas iniciativas que permitan reforzar a colaboración entre a Administración autonómica e o pósito para afondar na competitividade e sostibilidade da actividade pesqueira e marisqueira neste municipio pontevedrés.
A directora xeral, acompañada pola directora territorial da Consellería en Vigo, Elena Suárez, puxo en valor o traballo realizado pola entidade que levou a cabo proxectos de rexeneración das zonas produtivas ao abeiros das axudas autonómicas cun investimento de case 186.000 euros. Así, foron realizados labores de remoción de substrato nunha superficie de 6.500 m2 e a sementeira de 550.000 unidades de ameixa babosa no banco marisqueiro de Meloxo. Unha actuación que foi estendida aos bancos de Meloxo II con 1,5 millóns de unidades, Vía Norte con 3,5 millóns de unidade e Correlo con outras 2,5 millóns de unidades de bivalvo. Ademais, tamén foron sementadas 350.000 unidades de ameixa xaponesa no banco do Lombo das Ostras.
Ángeles V. Suárez destaca a importancia do traballo de vixilancia e das asistencias técnicas no coidado das zonas produtivas ás que a Consellería do Mar destina máis de 163.000 euros. Unha colaboración entre o pósito e a Xunta que tamén permitiu a realización do curso de formación ForMar, ou o desenvolvemento do proxecto Mar sen lixo III e a retirada de algas. Un traballo que foi complementado cun convenio coa empresa pública Seaga por un importe e 47.000 euros. retirada de algas dos bancos marisqueiros de a frote e accións de restauración dos bancos marisqueiros de Meloxo, Vía Norte e Correlo.
Últimos apoios
Este ano a Confraría de Pescadores de O Grove está entre as entidades beneficiarias das axudas autonómicas para a mellora das infraestruturas portuarias co desenvolvemento de tres proxectos por valor de 340.000 euros. Entre as actuacións previstas está a adquisición dunha plataforma remolcable con grúa para facilitar o movemento de cargas desde o barcos ao porto. Tamén a modernización do sistema de pesaxe de bivalvos mediante a instalación de catro máquinas automáticas e unha transpaleta pesadora que permita a pesaxe da navalla e ourizo así como os bins de algas. Ademais, procederase a realizar melloras na lonxa coa instalación dun tellado desmontable sobre o dispensador de xeo da lonxa, a colocación de estantes e armarios nos almacéns, renovación de puntos de luz e outras obras menores.