Xunta e concello colaboran na mellora de espazos públicos de Muíños, cuxo investimento ascende a máis de 630.000 €
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- As actuacións de mellora de espazos abordaranse no lugar de Muíños, na parroquia de San Pedro de Muíños, na contorna de elementos do patrimonio cultural e natural, como a Reserva da Biosfera transfronteiriza Xurés-Gerés
- O convenio enmárcase no Plan Hurbe, un programa de apoio aos concellos para promover actuacións que contribúan a dinamizar as vilas galegas e a mellorar a calidade de vida da súa veciñanza
- A través do convenio, a Xunta achega o 70% do orzamento, case 443.000€; e o Concello aportará o investimento restante, que rolda os 190.000€
- A Xunta encargarase da licitación das obras, que contan cun prazo de execucIón de 6 meses
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2025
A Xunta e o Concello de Muíños colaboran na mellora de espazos públicos do municipio, na que se investirán máis de 630.000€ (632.777€). A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto á directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asinou hoxe co alcalde deste concello ourensán, Plácido Álvarez, o convenio para executar esta intervención ao abeiro do Plan Hurbe.
A mellora proxectada levarase a cabo no lugar de Muíños, parroquia de San Pedro de Muíños, na contorna de elementos do patrimonio cultural, do patrimonio natural (Reserva da Biosfera transfronteiriza Xurés-Gerés), de varios regatos, e de liñas eléctricas. Actuarase en zonas que se utilizan como punto de encontro e esparexemento do núcleo e que pola súa singularidade necesitan un adecuado acondicionamento para a súa posta en valor.
A intervención abordará a mellora da pavimentación con revisión das instalacións urbanas e soterrado de redes para dar continuidade ás actuacións xa iniciadas noutra fases de humanización de rúas doutros núcleos seguindo os mesmos criterios, creando unha pavimentación idónea para o uso peonil e de tráfico lixeiro principalmente na parte antiga do núcleo buscando dar uniformidade a todo o conxunto.
A Xunta encargarase da licitación das obras, que contan cun prazo de execución de 6 meses.
De acordo ao convenio asinado hoxe, o Goberno galego financiará os traballos coa achega do 70% do orzamento (442.943€); mentres que o Concello de Muíños aportará o 30% restante (189.833€).
Plan Hurbe
M. Allegue puxo en valor o Plan Hurbe, co que a Xunta colabora cos concellos no impulso de actuacións de mellora de contornas urbanas, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e de equipamentos públicos para contribuír á revitalización do territorio.
A través deste programa, a Administración autonómica tamén posibilita reforzar o atractivo das aldeas, vilas e municipios, o que redunda na mellora da calidade de vida da veciñanza, no reforzo da competitividade económica e na fixación de poboación, especialmente no rural.