A Xunta licita por máis de 1,7 M€ a contratación de solucións seguridade e control para os dispositivos de atención primaria do Servizo Galego de Saúde
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- As empresas interesadas neste procedemento teñen ata o 21 de agosto para presentar as súas ofertas
- O obxectivo é garantir a protección ante o incremento dos ciberataques rexistrado nos últimos anos e o aumento de dispositivos médicos conectados
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2025
O Servizo Galego de Saúde vén de publicar no Portal de Contratos de Galicia a licitación, por importe de 1.704.890 euros, da contratación dunha solución integral de seguridade e control para dispositivos de tecnoloxía operativa (OT), internet das cousas (IoT) e internet das cousas médicas (IoMT) empregados nos centros de atención primaria do Servizo Galego de Saúde.
Esta contratación consiste na adquisición dunha solución de seguridade e control de todos estes dispositivos, así como a súa instalación, posta en marcha e mantemento, por un período de 48 meses.
Nos últimos anos produciuse un importante aumento dos ciberataques dirixidos contra o sector sanitario español e as áreas susceptibles de ataques dos centros sanitarios amplíanse constantemente polo incremento do número de dispositivos médicos conectados que se utilizan cada vez con maior presenza nos centro de saúde.
Este contrato está financiado pola Unión Europea, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea, e ten como finalidade reforzar os dispositivos tecnolóxicos conectados na rede sanitaria.
A licitación forma parte do proxecto CiberAP, unha iniciativa colaborativa entre diversas comunidades autónomas.
Así mesmo, este plan, denominado IOTA, alíñase co Plan de Acción de Dixitalización da Atención Primaria e Comunitaria 2022-2023, aprobado polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, que busca impulsar os sistemas de información e dixitalización.
As empresas interesadas neste procedemento teñen ata o 21 de agosto para presentar as súas ofertas.