A segunda edición de Unindo Camiños celebra o vínculo de valores xacobeos e deportivos no fútbol xuvenil

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O director de Turismo de Galicia presentou a competición que trae a Santiago a equipos masculinos e femininos de distintas localidades polas que pasa o Camiño de Santiago

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2025

O torneo de fútbol xuvenil Unindo Camiños volverá ao campo de Santa Isabel no mes de agosto coa súa aposta por promocionar o vínculo entre valores xacobeos e deportivos. Esta tarde presentouse a segunda edición da competición, organizada polo Sporting Santiago co apoio de Turismo de Galicia nun acto ao que asistiu o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles.

No seu segundo ano, esta cita deportiva que conta co apoio da Xunta de Galicia, amplía o seu calendario de partidos a dúas fins de semana fronte á primeira celebración, que se organizou ao longo dunha única fin de semana. Deste modo, a liga masculina celebrarase na fin de semana do 9 e 10 de agosto, mentres que a feminina será os días 16 e 17 do mesmo mes.

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, celebrou a continuidade dun evento que "difunde os valores xacobeos e une esta tradición co espírito deportivo propio destas competicións", ao que sumou o seu impacto positivo no que se refire a promocionar o destino. Neste sentido lembrou que, segundo datos da Enquisa de Turismo de Residentes de 2023, "o turismo deportivo foi o que maior gasto medio diario concentrou, cun desembolso de 125,6€ ao día, fronte aos 112,5€ do turismo gastronómico, o seguinte en valor".

O torneo Unindo Camiños cruzará a 16 equipos de categoría xuvenil doutras tantas localidades de Galicia, España e Portugal polas que pasan as distintas rutas xacobeas. Estarán, por exemplo, os galegos RC Celta, Deportivo da Coruña ou Rácing de Ferrol; equipos procedentes doutras comunidades de España, como o Atlético de Madrid ou a Unión Deportiva Las Palmas; e formacións portuguesas, como o Vitória de Guimarães, o Sporting Clube de Braga ou o Famalicão.

Xosé Merelles puxo tamén en valor o Camiño de Santiago destacando que no que vai de ano, máis de 270.000 persoas recolleron a súa Compostela, un 8% máis que no mesmo período de 2024. O 60% procedían de fóra de España, o que acentúa os valores de convivencia e multiculturalidade asociados ás rutas xacobeas.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 21/07/2025
1110252 {"title":"A segunda edición de Unindo Camiños celebra o vínculo de valores xacobeos e deportivos no fútbol xuvenil","published_date":"2025-07-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/197876-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1110252"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-21/1110252-segunda-edicion-unindo-caminos-celebra-vinculo-valores-xacobeos-e-deportivos-futbol-xuvenil https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.