Rueda anuncia a posta en marcha dun plan para a redución da burocracia nos centros educativos, que suporá un aforro de máis de 120.000 horas por curso e uns 600 pasos administrativos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Cúmprese así cun dos puntos pactado no Acordo de mellora educativa cos sindicatos CCOO, ANPE e UXT, do que para o seu desenvolvemento se vén traballando desde hai meses
  • O conxunto de medidas avaliado hoxe recolle accións en tres eixos: simplificación de procedementos, dixitalización e marco normativo
  • Actúase sobre máis de 50 procedementos e 22 aplicacións que manexan os centros, cunha repercusión directa sobre os labores diarios
  • Destaca que isto permitirá a redución da carga de traballo administrativo docente, que poderán dedicar máis tempo a tarefas exclusivamente pedagóxicas
Imagen del artículo Rueda anuncia a posta en marcha dun plan para a redución da burocracia nos centros educativos, que suporá un aforro de máis de 120.000 horas por curso e uns 600 pasos administrativos
Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno galego vén de avaliar un conxunto de accións para a simplificación das tarefas burocráticas nos centros educativos que suporá un aforro de máis de 120.000 horas de traballo administrativo por curso no conxunto do sistema e uns 600 pasos nos procedementos, que, dado que se repiten varias veces ao logo do curso, multiplica esta cifra de xeito exponencial.

En palabras do titular do Executivo galego, isto suporá "eliminar moita burocracia nos centros escolares" e repercutirá de xeito directo na redución da carga de traballo dos equipos directivos e do profesorado no día a día dos colexios e institutos, ao tempo que redundará nun mellor funcionamento e na atención aos alumnos e ás súas familias.

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP deu conta ao Consello da Xunta deste conxunto de iniciativas coas que o Goberno galego dá cumprimento a un dos puntos pactados no Acordo de mellora educativa asinado coas organizacións sindicais CCOO, ANPE e UXT e no que se vén traballando desde a súa sinatura, con reunións técnicas ao respecto, e numerosas achegas por parte destas organizacións. E tamén se dá resposta a unha das principais demandas do profesorado en toda España, de reducir os tempos, os trámites e a carga de traballo administrativo en beneficio de máis tempo dedicado exclusivamente ás tarefas de índole académica.

Rueda destacou que a folla de ruta, que implica actuar sobre máis de 50 procedementos administrativos e en 22 aplicacións informáticas, artéllase en tres eixos de actuación que son a simplificación dos procesos, o impulso da dixitalización e o desenvolvemento dun marco normativo, a partir dos cales se categorizan paquetes de accións que se irán implementando nos próximos cursos académicos.

Así pois, tal e como abondou o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, a partir de setembro, coincidindo co inicio do curso 2025-26, comezarán a facerse efectivas actuacións que nos últimos meses estiveron en fase de pilotaxe, mentres que no curso 2026-27 se prevé o máximo impulso da maioría das accións pechadas coas organizacións sindicais.

O conselleiro sinalou que no eixo de simplificación administrativa, o obxectivo é "racionalizar a xestión documental" dos centros para reducir a cantidade de información e documentos que se deben elaborar, promover o aproveitamento de datos xa dispoñibles para eliminar duplicidades e homoxeneizar procedementos. Para isto, actúase sobre un total de 50 procedementos cun aforro de case 600 pasos administrativos que se replican varias veces ao longo do curso, e que se eliminarán cando se completen o conxunto de accións acordadas.

Entre as accións previstas figura a redución e a unificación das aplicacións corporativas de xestión interna que manexan os centros e que están dirixidas a distintos perfís como profesores, orientadores, inspección ou servizos centrais, ou deseño dun modelo en liña unificado para a participación nos distintos programas educativos que simplificará o proceso de solicitudes dos centros, así como as memorias xustificativas, entre outros.

Informatización do chamamento de substitutos

O presidente salientou que unha das novidades neste eido, que estará operativa antes de finais de ano, é a posta en funcionamento dunha aplicación informática para o chamamento de profesorado substituto, o que evita que os interesados teñan que estar pendentes do teléfono, como ocorre ata o momento.

A falta de perfilar os detalles técnicos, a aplicación funcionará coas mesmas normas que xa operan para o chamamento telefónico, pero coa vantaxe para os aspirantes, que recibirán as notificacións de vacantes e chamamentos vía electrónica (correo, móbil...) e disporán dun tempo prudencial para meditar a aceptación ou non. Rueda sinalou que isto tamén "axilizará a cobertura de persoal" nos centros educativos cada vez que se produza unha vacante, especialmente naquelas modalidades de difícil cobertura, xa que o proceso se fai automaticamente e non hai que ir facendo chamamentos telefónicos un a un ata que un aspirante acepte a praza.

Organización dos departamentos de orientación

No eixo da dixitalización, Román Rodríguez destacou que as accións previstas permitirán tamén simplificar os procesos administrativos e dispoñer de datos, rexistros e resultados máis fiables ao tempo que se garante a seguridade e rastrexabilidade destes.

Unha das cuestións nas que se está traballando e que terá un impacto positivo é os aspectos relacionados coa atención á diversidade e a orientación, xa que os departamentos de orientación contarán cun contorno de traballo específico a través da aplicación GaliOrienta, onde se ordenará a toma de datos e o rexistro de actuacións para cada alumno atendido. Na práctica, ademais de axilizar os informes por alumno, isto permitirá dispoñer de datos básicos desagregados para o sistema, o que servirá para unha mellor toma de decisións ante cada caso concreto.

Probas en liña

Tamén este vindeiro curso se implantarán as probas en liña para as avaliacións de diagnóstico (das cales xa se fixo unha proba piloto o curso pasado) e para as probas dos premios extraordinarios. Todo iso farase a través da plataforma Avalia, que permitirá planificar, executar, analizar e automatizar a recollida e a explotación de datos que facilitará a toma de decisións por parte do profesorado e dos equipos directivos.

Canto aos distintos protocolos educativos vixentes, recóllese un calendario para a dixitalización progresiva dos procedementos, que arrancará cos de absentismo escolar e o corrector de condutas. Tamén se dixitalizará, este mesmo ano, o procedemento de dotación de recursos de carácter extraordinario aos centros derivados de aplicar os ditos protocolos, o que axilizará a asignación de recursos nestes casos.

En aspectos de carácter máis administrativo, cómpre salientar a creación do Expediente Electrónico do alumnado, isto é, un espazo dixital único que recolla todos os datos corporativos, así como os de interese educativo respecto ao proceso de aprendizaxe, a dixitalización de solicitudes habituais que realiza un centro á inspección educativa (como pedir días non lectivos, impartir materias con pouco alumnado, configuración de ámbitos...) ou a votación en liña nos consellos escolares.

Sinatura dixital para todo o profesorado

No eixo do marco normativo estase traballando en estender a sinatura dixital entre o profesorado, e mesmo regular a súa obrigatoriedade en determinados procedementos. Isto permitirá reducir a xestión administrativa asociada a sinaturas manuais en informes internos, regulando a validez da autenticación en procedemos dixitalizados nas aplicacións corporativas.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 21/07/2025
1109930 {"title":"Rueda anuncia a posta en marcha dun plan para a redución da burocracia nos centros educativos, que suporá un aforro de máis de 120.000 horas por curso e uns 600 pasos administrativos","published_date":"2025-07-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/197639-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1109930"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-21/1109930-rueda-anuncia-posta-marcha-dun-plan-reducion-da-burocracia-nos-centros-educativos-supora-aforro-mais-120-000-horas-curso-e-uns-600-pasos-administrativos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.