Lete Lasa destaca os éxitos de Bouzas e De la Puente en Wimbledon que dan sentido a gran aposta da Xunta polo tenis e polo pickleball
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O secretario xeral para o Deporte puxo en valor o apoio da Xunta a toda a infraestrutura do tenis galego e, nomeadamente, ao pickleball, recoñecida como especialidade o pasado mes de marzo
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vigo, 18 de xullo de 2025
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na presentación do do LXXXVI Campionato Galego de Tenis - XVI Memorial Antonio Santorio e da I Copa Xunta de Pickelball que terán lugar a partir desta fin de semana en Pontevedra e Vigo, respectivamente. O mandatario galego destacou o "momento dourado" que está a vivir o tenis en Galicia con éxitos como os de Jessi Bouzas e Martín de la Puente en Wimbledon. A tenista vilagarciá rachou o teito do tenis galego ao ser a que máis lonxe chegou nun Grand Slam, ata a cuarta rolda de Wimbledon, o que lle permite ascender ata o Top 50 do ranking WTA. Pola súa banda, o tenista vigués gañou na categoría de dobres o seu segundo Grand Slam despois do US Open de 2022 e da medalla de bronce nos Xogos de París.
Lete Lasa asegurou que estes éxitos son froito do traballo realizado no tenis de Galicia durante os últimos anos e destacou a figura de Antonio Santorio, que foi presidente da federación durante 22 anos antes do seu falecemento no ano 2009. Neste sentido apuntou que o tenis galego hoxe conta cun dos mellores circuítos internacionais e destacou torneos como o ITF World Tennis Tour Junior y el Torneo Internacional Cadete de Sanxenxo; o ITF M15 de Pontevedra; o ITF M15 de Sanxenxo; o Vigo Tenis Open; o W50 de Ourense; o W35 Cidade de Vigo; o Tenis Europe sub 14 da Coruña; ou o Tenis Europe sub 14 de Pontevedra.
O secretario xeral para o Deporte puxo en valor o apoio da Xunta de Galicia a toda a infraestrutura do tenis galego e apuntou tamén a aposta que se está a facer por novas especialidades como o pickleball, recoñecida pola Secretaría Xeral para o Deporte xunto a outras especialidades o pasado mes de marzo. Lete Lasa destacou as vantaxes desta nova disciplina e informou que a Xunta traballa na súa inclusión no Programa Xogade do curso que vén. De feito, a celebración desta primeira Copa Xunta de Pickleball responde a unha iniciativa do Goberno galego. "A federación galega de tenis conta xa con 7.000 licenzas federativas e queremos que siga medrando", dixo.
O 87º Campionato Galego de Tenis - 16º Memorial Antonio Santorio celebrarase ademais, xunto ao Campionato Gallego Benxamín e a 4ª Proba do Circuíto Galicia Head Tour, no Club de Tenis Pontevedra, do 18 ao 27 de xullo de 2025. Pola súa banda, a primeira edición da Copa Xunta de Galicia terá lugar no IFEVI de Vigo do 19 ao 20 de xullo.