Anxo M. Lorenzo celebra a ampla programación cultural da 41ª Mostra de Teatro de Ribadavia

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Esta edición, que se celebra desde hoxe e ata o 26 de xullo, inclúe máis de 35 actividades entre funcións, obradoiros, encontros, foros e accións comunitarias
  • O Centro Dramático Galego colabora coa peza en residencia 'Os passadores' na que a directora lusa Patricia Portela aborda a emigración e os espazos transfronteirizos
  • A iniciativa, incluída no marco da campaña de verán da Xunta de Galicia 'Para gustos, cultura', estrea dirección artística
Imagen del artículo Anxo M. Lorenzo celebra a ampla programación cultural da 41ª Mostra de Teatro de Ribadavia
Ribadavia (Ourense), 18 de xullo de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, participaron hoxe na inauguración da 41º edición da Mostra de Teatro de Ribadavia, que se estende ata o vindeiro sábado 26 de xullo. Alí, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destacou a "ampla e diversa programación da cita" así como tamén salientou a "importancia da iniciativa para a nova creación escénica e teatral galega, ofrecendo un espazo para a visibilidade do seu traballo".

Neste senso, a mostra conta con máis de 35 actividades programadas, con presenza galega e internacional. Así, preséntanse espectáculos de nove compañías teatrais galegas, entre as que destaca o colectivo Volátil, que se estrea por primeira vez na MIT, e desenvólvense, coa colaboración de artistas e profesionais do ámbito, iniciativas paralelas como a celebración dos 20 anos do Premio Abrente. No eido internacional, compañías de Italia, Brasil e do resto de España tamén estarán presentes con proxectos emerxentes e contemporáneos. Ademais, inclúense tres residencias, seis obradoiros, o ciclo Satélite, que levará espectáculos ás aldeas, e diversos cursos abertos ao público, como o taller de clown de Roi Borrallas, o de máscara neutra de Mar Navarro, o laboratorio El Desenterrador con Sofía Asencio e Tomás Aragay, ou o obradoiro de movemento para infancia a partir da peza Escambo de Mari Paula.

Nesta liña, Anxo M. Lorenzo quixo destacar a participación do Centro Dramático Galego, a unidade teatral da Xunta que este ano colabora na residencia da autora e directora escénica portuguesa Patricia Portela co seu proxecto Os passadores, onde aborda cuestións actuais de nacionalidade e emigración a partir da recollida de historias reais sobre exiliados, fuxitivos e pasos de contrabando entre España e Portugal de 1936 a 1975. Portela desenvolverá nun obradoiro o traballo de investigación sobre Ribadavia e os lugares de fronteira co país veciño, cuxos resultados se amosarán o 23 de xullo na estrea dun espectáculo que porá así a atención nas propostas comunitarias que implican activación de memorias, miradas ao territorio e participación social.

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia enmárcase dentro da programación estival do Goberno galego, Para gustos, cultura, e este ano estrea dirección artística. Así, o representante da Xunta quixo lembrar que segue vixente o espírito pioneiro que tivo nos anos setenta do século pasado, actuando como axente propulsor da incipiente escena profesional galega e berce da xeración teatral Abrente e que hoxe en día segue a ser punto de encontro, referencia e escaparate para a escena teatral galega e mundial.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 18/07/2025
1106221 {"title":"Anxo M. Lorenzo celebra a ampla programación cultural da 41ª Mostra de Teatro de Ribadavia","published_date":"2025-07-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1106221"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-18/1106221-anxo-m-lorenzo-celebra-ampla-programacion-cultural-da-41-mostra-teatro-ribadavia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.