A Xunta cataloga a antiga casa cuartel da Garda Civil de San Xurxo de Sacos
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O Diario Oficial de Galicia publica a inclusión do inmoble, situado no concello de Cercedo-Cotobade, no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2025
A Xunta de Galicia acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia a inclusión no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia da antiga casa cuartel da Garda Civil de San Xurxo de Sacos. A entrada no inventario deste inmoble, que se atopa no concello de Cerdedo-Cotobade, vén motivada polo seu notable valor cultural.
No seu informe, os técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural destacan a autenticidade desta construción de mediados do século XIX pola súa singularidade, xa que se corresponde cunha primeira tipoloxía das casas cuarteis da Garda Civil destinada á función militar da institución e a uso residencial da vida doméstica das familias residentes. Tal e como se salienta na resolución, trátase dun conxunto de tres edificacións conectadas e complementadas con outras auxiliares que foron reformadas en varias ocasións, desde o ano 1857 ata o cese do seu uso en 1980.
Este tipo de edificación, ten un gran valor testemuñal como mostra dunha arquitectura representativa e de control do Estado centralista decimonónico e como casa de veciños organizada militarmente na que convivían a institución á que representa e a vida doméstica das familias residentes. Neste senso, o valor cultural do inmoble expresase a través dos restos das construcións que se conservan, especialmente nos elementos de pedra elaborados con distintas técnicas tradicionais, que responden a edificacións concretas que se integran no contorno rural. Ademais, este inmoble enténdese como parte dun sistema territorial compartido co resto das casas cuartel que ocuparon a totalidade da xeografía do Estado durante os séculos XIX e XX.
A antiga casa cuartel de San Xurxo de Sacos está composta polos tres volumes ou edificios acaroados polo resto do inmoble vinculado a este uso, que abrangue os muros de peche e de contención de terras, a fonte e o lavadoiro. O límite sur coincide coa aliñación das edificacións, o límite oeste abrangue a parcela catastral á que dá o volume oeste, polo noreste axústase ao muro de peche onde se atopa o portón, polo norte toma como referencia un ribazo que se para os edificios ao resto da parcela e polo leste abrangue a fonte e o lavadoiro, tomando como límite a parcela lindeira.