A Xunta iniciará os trámites para licitar a redacción do proxecto do Teatro Cine Fraga este mes

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O Goberno galego avanza na redacción do contrato para que sexa o arquitecto César Portela, autor do proxecto orixinal e director da obra xa executada, o responsable de continuar cos traballos no inmoble adquirido coa Deputación de Pontevedra
  • O obxectivo é respectar a intervención xa realizada, e cuxos dereitos de propiedade intelectual corresponden ao equipo técnico de Portela, para converter o edificio nun espazo escénico, musical, audiovisual e literario de referencia no noroeste peninsular
  • Tirarase proveito dos 7.000 metros cadrados para ofrecer unha ampla programación que teña en conta as achegas da cidadanía ao longo do proceso participativo
Imagen del artículo A Xunta iniciará os trámites para licitar a redacción do proxecto do Teatro Cine Fraga este mes
Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2025

A Xunta de Galicia iniciará nas vindeiras semanas, en coordinación coa Deputación de Pontevedra, os trámites para licitar a redacción do proxecto básico e de execución para a terminación das obras do Teatro Cine Fraga. Deste xeito, o Goberno galego traballa para finalizar a redacción dos pregos antes de que remate o mes coa intención de que sexa o arquitecto César Portela, autor e propietario intelectual do proxecto orixinal e director da obra xa executada, quen continúe coa tarefa de rehabilitar o inmoble.

Con isto, o obxectivo da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude é respectar a intervención xa realizada segundo o proxecto orixinal para, tras realizar as actualizacións que sexan precisas, converter este edificio nun espazo escénico, musical, audiovisual e literario de referencia no noroeste peninsular. Cómpre lembrar que o Teatro Cine Fraga, adquirido pola Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, conta xa cunhas liñas estratéxicas definidas e un plan de usos perfilado tendo en conta as achegas feitas pola cidadanía a través da campaña, presencial e virtual, O mellor espazo busca o mellor contido.

Deste xeito, a finalidade de ambas as dúas administracións e recuperalo para transformalo nun espazo arquitectónico flexible e polivalente que favoreza a produción e experimentación, a través de obradoiros e laboratorios de ideas vencelladas ás artes musicais, audiovisuais, e literarias. Nesta liña, proponse a posta en marcha de residencias artísticas para profesionais locais e tamén de todo o noroeste peninsular dando pulo e espazo a creadores da cidade e propiciando sinerxías e colaboracións entre artistas do territorio galego, do resto de España e de Portugal.

Así, no plan de usos xa aprobado e presentado, contémplase que o Teatro Cine Fraga inclúa diferentes espazos para organizar encontros, festivais e ciclos temáticos, nos que se procurará a participación de creadores emerxentes xunto cos xa consolidados. Entre as súas dotacións, contará cunha sala flexible para acoller espectáculos teatrais, concertos ou cinema, ademais dun espazo museístico no que preservar, destacar e compartir os vencellos deste edificio co desenvolvemento do cinema na cidade olívica e Galicia.

Así mesmo, contará con capacidade para poñer en marcha actividades e obradoiros dirixidos á infancia e á mocidade que estimulen a creatividade e a experimentación, vencellados á escritura creativa, a composición musical e a produción audiovisual. Finalmente, a cafetería tamén contará cunha definición de usos específica, xa que ademais de servir de punto de encontro informal entre a cidadanía e este novo espazo cultural, se vai habilitar para determinados eventos e o desenvolvemento dunha programación concreta.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 18/07/2025
1102038 {"title":"A Xunta iniciará os trámites para licitar a redacción do proxecto do Teatro Cine Fraga este mes","published_date":"2025-07-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1102038"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-18/1102038-xunta-iniciara-os-tramites-licitar-redaccion-do-proxecto-do-teatro-cine-fraga-mes https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.