Xosé Merelles repasa co alcalde de Poio a promoción dos recursos turísticos locais
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2025
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo un encontro co alcalde de Poio, Ángel Moldes, con quen analizou a promoción dos distintos recursos turísticos deste municipio, entre os que se atopan o pobo de Combarro, o turismo de costa e a gastronomía, entre outros.
Ademais, o alcalde trasladoulle o seu interese por promover a Festa da Ameixa que se vén celebrando desde hai máis de trinta anos e que supón a potenciación do produto local e do marisqueo como actividade tamén das xentes deste municipio. Xosé Merelles e Ángel Moldes tamén analizaron a calidade da oferta de establecementos turísticos do concello e o director de Turismo trasladoulle as diferentes convocatorias ás que poden concorrer para a súa mellora e adaptación con criterios de sostibilidade.