O Servizo Autonómico de Gardacostas de Galicia atendeu 20 emerxencias marítimas desde o inicio do verán, cunha especial incidencia da náutica de recreo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Destacan a complexa evacuación médica dun tripulante a 130 millas da costa ou rescate e remolque de embarcacións de lecer por quedar á deriva, varadas ou por colisións contra bateas, concentrándose a maioría das actuacións na ría de Arousa
- Este mesmo luns a patrulleira 'Irmáns García Nodal' tivo que mobilizar a súa auxiliar de rescate rápido para atender a dúas persoas, un adulto e un menor, tras colidir a súa moto acuática contra o peirao de Covelo en Poio
- A Consellería do Mar chama á responsabilidade e á prudencia da cidadanía co fin de reverter o incremento das incidencias, especialmente na época estival
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2025
Galicia é a única comunidade que conta cun servizo propio de Gardacostas operativo as 24 horas os 365 días do ano e dotado con medio marítimos, terrestres e aéreos. Un departamento que ve incrementada a súa carga de traballo coa chegada da época estival debido ao aumento do número de emerxencias marítimas, na súa maior parte vencelladas á náutica de recreo. Así, desde o inicio do verán o servizo autonómico xa atendeu 20 episodios desta índole, na súa maioría concentrados na ría de Arousa, e que se suman á detección, control e eliminación de verteduras ao longo de todo o litoral galego.
Entre as intervencións realizadas nestas últimas semanas destaca a complexa evacuación médica dun tripulante a bordo dun palangreiro a 130 millas da costa. Os fortes ventos e o adverso estado do mar dificultaron o operativo realizado polo helicóptero Pesca 1 cuxo éxito volveu a deixar de manifesto o alto grao de preparación dos seus efectivos. Con todo, a maior parte das actuacións foron relativas ao rescate e remolque de embarcacións recreativas por quedar á deriva por avarías, falta de combustible, varadas ou debido a colisión contra bateas. Situacións, na súa maioría, evitables tomando as debidas precaucións polo que desde Gardacostas chaman á responsabilidade. Así, recordan a lexislación vixente permite trasladar os custes do operativo nos casos de imprudencia.
Este mesmo luns, a patrulleira de Gardacostas de Galicia Irmáns García Nodal tivo que mobilizar a súa auxiliar de rescate rápido para atender a dúas persoas, un adulto e un menor, tras colidir a súa moto acuática contra o peirao de Covelo, no concello pontevedrés de Poio. A estas accións hai que sumar evacuacións de persoas atrapadas en zonas de difícil acceso como acantilados ou as labores de busca e rescate formando parte de operativos como o despregado a finais do mes pasado na desembocadura do río Miño polo naufraxio dunha embarcación.
O departamento autonómico alerta do incremento de incidencias, especialmente durante a fin de semana, e reitera o chamamento á responsabilidade e á prudencia da cidadanía. As cifras actuais deixan en evidencia a necesidade de poñer en marcha novas estratexias e maior cooperación entre os servizos das distintas Administracións, que permitan reverter esta preocupante tendencia á alza.