A Xunta realiza labores de conservación nun tramo fluvial de preto de 5 quilómetros no río Tomeza, nos concellos de Pontevedra e Vilaboa
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de 10 semanas e inclúen a retirada tanto de árbores caídas como de biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2025
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e mantemento nun tramo de preto de cinco quilómetros no río Tomeza, entre os concellos de Pontevedra e Vilaboa.
As tarefas, que se desenvolverán en varias parroquias destes municipios, consisten na retirada de árbores caídas e biomasa presente na canle fluvial para evitar atoamentos, na roza puntual e selectiva das zonas de acceso ás canles así como na eliminación de especies exóticas invasoras presentes na contorna e a estabilización das marxes.
Os traballos, xa comunicados aos concellos, prolongaranse durante arredor de 10 semanas e realizaranse coa aplicación de ferramentas manuais, o uso de motoserras e rozadoiras. Ademais o persoal contará co apoio doutra maquinaria de maiores dimensións, como unha carretilla de carga, un tractor, un camión e unha escavadora.
As actuacións céntrase en algo máis de 4,7 quilómetros do río ao seu paso polas parroquias pontevedresas de San Pedro de Tomeza, San Martiño de Salcedo e a Virxe do Camiño así como a de Santa Comba de Bértola, en Vilaboa.
Unha vez finalizadas as obras programadas polo organismo hidráulico dependente do Executivo galego, estes tramos fluviais quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das augas.
Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas zonas de acceso e protección.
O fin último dos traballos é mellorar os leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos, actuando nas áreas nas que a Xunta ten competencias, fóra das tramas urbanas fluviais de responsabilidade municipal.