A Xunta recibiu 5 ofertas para a execución das obras de humanización da Praza da Igrexa no núcleo rural de Rairiz de Veiga
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A actuación, que foi licitada por preto de 120.000 euros, enmárcanse no Plan Hurbe e permitirá a renovación, soterramento de servizos urbanos e pavimentación no entorno da praza da Igrexa

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2025
A Xunta recibiu 5 ofertas para a execución das obras de humanización da praza da Igrexa, situada no núcleo urbano do concello de Rairiz de Veiga, por importe de 118.700€.
Esta intervención enmárcase no Plan Hurbe, co que a Administración autonómica colabora cos concellos no financiamento da dotación de equipamentos públicos ou a mellora de contornas urbanas.
As actuacións que se levaran a cabo no entorno da Igrexa parroquial de San Xoán no núcleo urbano do municipio ourensán permitirán a renovación, soterramento de servizos urbanos e pavimentación no entorno da praza. Os traballos terán un prazo de execución de 3 meses.
De acordo ao convenio asinado no marco do Plan Hurbe, a Xunta asumirá o 70% do investimento total das intervencións, e o Concello o 30% restante.