Román Rodríguez supervisa as obras de mellora do colexio de Xuvencos, en Boborás, onde a Xunta está a investir máis de 178.000€
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro de Educación, que visita o centro acompañado polo delegado territorial de Ourense, salienta que os traballos suporán un entorno escolar máis accesible e funcional
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Boborás (Ourense), 11 de xullo de 2025
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, visitou hoxe o Colexio Nosa Señora de Xuvencos, en Boborás, para comprobar o desenvolvemento das obras de mellora está a acometer a Xunta de Galicia neste centro no que estudan 87 nenos de Infantil e Primaria.
O conselleiro, que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, salientou a importancia desta actuación para crear un entorno escolar "máis accesible, funcional e seguro" para alumnos e profesores. Segundo explicou, os traballos están avanzando ao ritmo previsto, polo que en agosto estarán concluídos e o centro quedará acondicionado para arrancar o curso escolar en setembro.
A obra, na que a Xunta está a investir 178.500€, enmárcase no Plan de nova arquitectura pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para a modernización das infraestruturas educativas coa finalidade avanzar en colexios e institutos máis confortables, innovadores e sostibles.
Os traballos abranguen a execución dunha rampa para salvar dous escalóns, o que dota dunha mellor accesibilidade a toda a planta baixa, a reforma dos baños, a pavimentación dos 750m² de superficie do patio exterior e a reparación e protección dos tres pilares que hai neste espazo. Tamén se actúa sobre as carpintarías exteriores do edificio coa renovación de tres xanelas e dúas portas e a substitución doutras 16 portas e cinco armarios na zona interior do centro. Así mesmo, refórmase o almacén e o cuarto da limpeza da planta baixa.