Rueda reivindica en Ourense o liderado galego no sector aeroespacial co novo edificio da Escola de Enxeñería Aeronáutica

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O edificio inclúe un financiamento de 6,3 millóns por parte da Xunta, o 60% do total, e contará con 6.500m2 de superficie
  • Destaca que a nova Escola forma parte da Iniciativa Estratéxica da Xunta en Aeroespazo, Seguridade e Defensa, que mobilizará máis de 900 millóns de euros ata 2030
  • Apunta que o proxecto axuda a consolidar o recoñecemento da Xunta ao Campus de Ourense como campus especializado
Imagen del artículo Rueda reivindica en Ourense o liderado galego no sector aeroespacial co novo edificio da Escola de Enxeñería Aeronáutica
Ourense, 11 de xullo de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, participou hoxe no acto de inicio das obras do novo edificio da Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo, un proxecto que enmarcou na aposta estratéxica do Goberno galego por facer do sector aeroespacial, da seguridade e da defensa un motor de crecemento, emprego e modernización.

Durante a súa intervención, o xefe do Executivo autonómico salientou que a nova infraestrutura "é necesaria" para axudar a consolidar o recente recoñecemento ao Campus de Ourense e a "darlle futuro á presencia da universidade" na cidade. En cifras, a Xunta financia o 60% do custo total cunha achega de 6,3 millóns de euros e o edificio contará con máis de 6.500m2 dedicados a aulas, laboratorios punteiros e incubadoras de proxectos.

Así, este proxecto reforza a especialización e identidade científica do Campus da Auga, recentemente acreditado como campus especializado pola Xunta, cun financiamento por parte da Administración que supera os 12 millóns de euros desde 2013, e cun enfoque centrado na alimentación, na agricultura, no medio ambiente e no termalismo.

Neste sentido, a nova Escola, única deste tipo no territorio, converterá ao Campus nun referente nacional e europeo en formación especializada neste eido, "atraendo talento de fora" con titulacións pioneiras en Galicia como o Grao en Enxeñería Aeroespacial ou os másteres en Enxeñería Aeronáutica e en Sistemas Aéreos non Tripulados. Rueda tamén tivo palabras para os estudantes, afirmando que "as persoas que estuden aquí teñen un gran futuro por diante".

Nesta liña, o presidente subliñou que esta actuación xera "enormes oportunidades" de cara á Iniciativa Estratéxica da Xunta en Aeroespazo, Seguridade e Defensa, que prevé mobilizar máis de 900 millóns de euros ata 2030, dos cales 183 millóns procederán directamente da Administración autonómica, e que se ve acompañado por un "xiro dos fondos europeos" cara actividades deste tipo.

Rueda tamén celebrou a colaboración coa Universidade e o esforzo institucional, académico e empresarial implicado neste proxecto e sector, no que existen empresas galegas "moi potentes" no mundo.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 11/07/2025
1090423 {"title":"Rueda reivindica en Ourense o liderado galego no sector aeroespacial co novo edificio da Escola de Enxeñería Aeronáutica","published_date":"2025-07-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/195619-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1090423"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-11/1090423-rueda-reivindica-ourense-liderado-galego-sector-aeroespacial-co-novo-edificio-da-escola-enxeneria-aeronautica https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.