As obras de prolongación da autovía AG-59 farán necesario o corte de tráfico no enlace da Ramallosa a partir deste luns, 14 de xullo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Pecharase o treito entre o enlace dos Verxeles e o da Ramallosa e o tráfico desviarase cara á estrada AC-841 por unha estrada de titularidade da Deputación da Coruña
- A afección comezará este luns e manterase ata o 5 de setembro, a época do ano con menor intensidade de tráfico, o que minimizará as molestias
- O peche permitirá finalizar a plataforma no enlace ata a capa intermedia de aglomerado, restando só o estendido da capa de rodaxe xunto co resto do tronco da autovía
- A Xunta segue avanzando nas obras de prolongación da AG-59 no treito entre Ramallosa e Pontevea, coa previsión de finalizalo este ano e cun investimento de máis de 33 M€
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2025
O avance nas obras de prolongación da autovía Santiago-A Estrada (AG-59) fará necesario o corte de tráfico do enlace da Ramallosa a partir do luns 14 de xullo.
A afección comezará este luns e manterase ata o 5 de setembro, un periodo acaído ao considerar os datos de tráfico que indican que é a época do ano con menor intensidade.
Pecharase o treito entre o enlace dos Verxeles e o da Ramallosa e o tráfico desviarase cara á estrada AC-841 por unha estrada de titularidade da Deputación da Coruña.
Este corte é necesario para acadar unha maior seguridade dos usuarios da autovía e dos traballadores da obra para poder avanzar cara ao final da execución da primeira fase da prolongación da autovía entre A Ramallosa e A Estrada.
Este peche da circulación permitirá finalizar a plataforma no enlace ata a capa intermedia de aglomerado, quedando só pendente o estendido da capa de rodaxe xunto co resto do tronco da autovía.
Cómpre lembrar que inicialmente este enlace se licitara na obra como semienlace, pero a petición do concello de Teo se modificou a súa configuración para permitir todos os movementos, o que tamén se materializará no enlace final do treito na AC-241.
A Xunta segue avanzando nas obras de prolongación da autovía AG-59, entre Ramallosa e Pontevea, coa previsión de finalizalo este ano e cun investimento de máis de 33 M€.
O Goberno galego tamén ten en marcha o proxecto para a última fase desta autovía, entre Pontevea e O Rollo, de 4 km e cun investimento de máis de 30 M€.
Unha vez rematados os 7,5 km da prolongación desta autovía, libre de peaxe, os tempos da viaxe entre Santiago de Compostela e A Estrada reduciranse a 10 minutos, ademais de mellorar a seguridade viaria, tras un investimento global de máis de 67 M€.