A Xunta convoca preto de 2.000 prazas de enfermeiro para o ingreso por concurso-oposición como persoal estatutario fixo no Servizo Galego de Saúde
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Ofértanse 1.980 prazas, das cales 1.361 son para a quenda de acceso libre, 495 de promoción interna e 124 pola quenda de discapacidade xeral
- O prazo de inscrición de participación no concurso-oposición comeza o 14 de xullo e remata o 5 de setembro
- Como novidade neste proceso, elimínase o requisito de estar en posesión da nacionalidade española ou dun Estado membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2025
O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde coa convocatoria do concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro. O número total de prazas ofertadas é de 1.980, das cales 1.361 son para a quenda de acceso libre, 495 de promoción interna e 124 pola quenda de discapacidade xeral.
As persoas interesadas en participar no proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (FIDES/Expedient-e/Procesos/OPE).
O prazo de inscrición de participación no concurso-oposición comeza o 14 de xullo e remata o 5 de setembro de 2025.
Os interesados deberán posuír, na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manter no momento da toma de posesión como persoal estatutario fixo, os requisitos recollidos na resolución da convocatoria.
Novidade na convocatoria
Como novidade neste proceso, elimínase o requisito de estar en posesión da nacionalidade española ou dun Estado membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo na categoría de enfermeiro.
O órgano convocante poderá verificar certos requisitos de participación a través da plataforma de interoperabilidade da Xunta de Galicia (PasaXe!). Isto implica que os aspirantes que non se opoñan no formulario de solicitude de participación á consulta a través da plataforma de interoperabilidade non terán a obriga de achegar certa documentación acreditativa como o DNI ou NIE, o certificado de discapacidade ou o certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial se foron expedidos por organismos da Comunidade Autónoma de Galicia, a certificación de antigüidade como demandante de emprego e de non percibir no momento actual prestación ou subsidio por desemprego en calquera parte do territorio nacional.
Fóra destes supostos ou cando conste a oposición expresa a súa consulta, os aspirantes deberán presentar a documentación acreditativa dos requisitos indicados na base segunda da convocatoria.
Os méritos a ter en conta na fase de concurso son os recollidos no Anexo IV da convocatoria e valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior, inclusive, ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Os interesados deberán rexistralos debidamente no seu expediente electrónico do profesional (Fides/expedient-e) e acreditalos documentalmente na forma e prazos indicados na convocatoria.
Todas as dúbidas e consultas relacionadas con este proceso poden ser remitidas ao enderezo de correo electrónico: oposicions@sergas.es.