A Xunta e os sindicatos CCOO, ANPE e UGT avanzan en medidas para reducir a burocracia nos centros educativos
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro Román Rodríguez preside unha reunión para perfilar o plan de redución de tempos, trámites e carga de traballo administrativo docente pactado no Acordo de mellora educativa
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2025
A Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CCOO, ANPE e UGT mantiveron unha reunión de traballo esta mañá co fin de avanzar na posta en marcha de medidas específicas para reducir a burocracia nos centros educativos a partir do vindeiro curso. Este é precisamente un dos puntos pactados no Acordo de mellora educativa asinado cos mencionados sindicatos e no que se vén traballando dende a súa sinatura.
Na xuntanza, presidida polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado polos responsables e persoal técnico dos distintos departamentos, fíxose unha radiografía integral dos procedementos existentes e avaliáronse medidas a poñer en marcha, así como as accións piloto desenvoltas. Todos estes aspectos plasmaranse nun plan enfocado a reducir os tempos, os trámites e a carga de traballo administrativo do profesorado.
Segundo expuxo o conselleiro, a simplificación das tarefas burocráticas nos centros educativos é "un ámbito prioritario" de traballo que recibirá "un impulso importante a partir de setembro" fixado nun plan específico grazas ao traballo coas organizacións sindicais asinantes e sustentado en tres eixos que son a simplificación dos procesos, o impulso da dixitalización e o desenvolvemento dun marco normativo.