A Xunta reitera que a dotación do novo centro de saúde de Moaña se decidirá no momento de poñelo en servizo, contando coa opinión dos profesionais e na procura da mellor asistencia

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Alfredo Silva, remarcou que o novo centro de saúde moañés transformará a atención sanitaria da vila ao contar con máis profesionais e servizos
  • A Xunta traslada o seu compromiso coa saúde da poboación do Morrazo, tras reformar o centro de saúde de Domaio, ampliar o seu número de profesionais, incorporar unha ambulancia de soporte vital avanzado e ter proxectado a construción dun Centro Integral de Saúde para a comarca en Cangas
  • Silva apelou á responsabilidade do Concello de Cangas para que poña á disposición os terreos que permitan avanzar na construción do novo Centro Integral de Saúde do Morrazo
Imagen del artículo A Xunta reitera que a dotación do novo centro de saúde de Moaña se decidirá no momento de poñelo en servizo, contando coa opinión dos profesionais e na procura da mellor asistencia
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2025

O director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Alfredo Silva, reiterou esta mañá no Parlamento de Galicia que a dotación do novo centro de saúde de Moaña se decidirá no momento en que se poña en marcha este servizo, e sempre contando coa opinión dos profesionais e na procura da mellor asistencia posible.

No marco da Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego, o responsable sanitario reivindicou a calidade asistencial que a Xunta presta na comarca do Morrazo, "onde hai planificación, investimento, reforzo asistencial e un compromiso real coa calidade da atención".

Nesta liña, destacou a construción do novo centro de saúde de Moaña, unha infraestrutura cuxo nivel de execución xa acada o 60 % e na que o Goberno galego realiza un investimento de 8,3 millóns de euros.

"O novo centro de saúde suporá unha transformación na atención sanitaria da vila" incidiu Silva, destacando que este inmoble sanitario triplicará a superficie do actual ademais de contar con "máis profesionais e máis servizos".

O responsable de Asistencia Sanitaria destacou tamén que, ademais do novo centro centro de saúde, Moaña tamén veu mellorados e ampliados os seus recursos asistenciais, tras a reforma do centro de saúde de Domaio ou a incorporación dunha ambulancia de soporte vital avanzado en enfermería.

Ademais, lembrou que a convocatoria de prazas de difícil cobertura posta en marcha pola Xunta permitiu dotar con dous novos médicos á localidade.

Referiuse, ademais, ao investimento de 12 millóns de euros para levar a cabo o Plan asistencial do verán, no que se inclúen o reforzo de persoal nos centros sanitarios que o precisen e, especialmente, nas zonas costeiras e de maior afluencia turística, como é o caso da comarca do Morrazo.

Desbloquear a cesión de terreos para o CIS de Cangas

Durante a súa intervención no Pazo do Hórreo, Alfredo Silva insistiu en que a atención sanitaria no conxunto do Morrazo está "prevista, reforzada e garantida". Neste sentido lamentou as mensaxes alarmistas que desde os partidos da oposición se queren trasladar á cidadanía.

Alfredo Silva amosou a súa desconformidade con que desde o Concello de Cangas se siga a obstaculizar a cesión dos terreos necesarios para construír o futuro Centro Integral de Saúde do Morrazo; un CIS, incidiu, que permitiría reorganizar os recursos asistenciais e integrar servizos que agora se atopan dispersos.

"Vostedes falan moito de servizos e recortes, pero son os primeiros que se dedican a bloquear proxectos sanitarios", censurou Silva, salientando que se o Concello de Cangas cumprise, xa estaría en marcha este novo CIS: con urxencias, hospitalización a domicilio e mesmo hemodiálise para toda a comarca.

O director xeral de Asistencia Sanitaria apelou ao sentido da responsabilidade para desbloquear este proxecto, convidando á mediación cos responsables municipais para poder avanzar na construción do novo CIS do Morrazo. "A política útil é aquela que constrúe, non a que repite titulares sen facer autocrítica", concluíu.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 10/07/2025
1089610 {"title":"A Xunta reitera que a dotación do novo centro de saúde de Moaña se decidirá no momento de poñelo en servizo, contando coa opinión dos profesionais e na procura da mellor asistencia","published_date":"2025-07-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1089610"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-10/1089610-xunta-reitera-dotacion-do-novo-centro-saude-moana-se-decidira-momento-ponelo-servizo-contando-coa-opinion-dos-profesionais-e-na-procura-da-mellor-asistencia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.