A Xunta recibiu 11 ofertas para as obras de humanización dunha praza en Fonteboa, no concello de San Cibrao das Viñas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A actuación, que foi licitada por 150.000 euros, consistirá nas obras de humanización da praza xerada na confluencia das rúas Fonteboa e Camiño da auga, coa remodelación total do ámbito
- Pavimentarase o ámbito de actuación e tamén se dotará a zona de arborado, mobiliario urbano e novas luminarias
- A intervención enmárcase no Plan Hurbe, co que o Goberno galego colabora cos concellos en actuacións de humanización de espazos públicos ou dotación de equipamentos

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2025
A Xunta recibiu 11 ofertas para a execución das obras de humanización dunha praza en Fonteboa, no Concello de San Cibrao das Viñas, que foron licitadas por importe de 150.000€.
Esta actuación enmárcase no Plan Hurbe e consistirá nas obras de humanización da praza xerada na confluencia das rúas Fonteboa e Camiño da auga, coa remodelación total do ámbito, incluíndo a dotación de novo arborado, mobiliario urbano e luminarias.
Deste xeito, pavimentarase a praza, nalgunhas zonas con lastras de granito e noutras con formigón e entre as intervencións previstas, abordarase a demolición do muro e lavadoiro existente para a súa posterior reconstrución, así como actuacións de drenaxe completa no recinto. Ademais, habilitarase unha beirarrúa de 2m de ancho.
A reforma completarase coa colocación de dúas novas luminarias e dun cartel luminoso coa lenda "Fonteboa", así como a habilitación de 4 alcorques con colocación de árbores, a instalación de seis bancos, papeleiras e xardineiras.
A través do convenio asinado ao abeiro do Plan Hurbe, a Xunta financiará o 70% do orzamento total e executará as obras, mentres que o Concello de San Cibrao das Viñas aportará o restante 30%. O prazo de execución das obras estímase en tres meses.
O citado Plan Hurbe ten como obxectivo colaborar cos municipios galegos en intervencións que permitan humanizar espazos públicos ou dotarse de equipamentos, a fin de mellorar a calidade de vida da veciñanza e seguir fixando poboación.