A conselleira M. Allegue defende a protección indefinida e permanente de todas as vivendas de promoción pública do IGVS e Vipugal

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Allegue sinalou que a Xunta ten en marcha a metade das 4.000 vivendas comprometidas nesta lexislatura para acadar o reto de duplicar o parque público residencial ata as 8.000
  • Remarcou que Galicia é pioneira en habilitar solo onde poder construír vivenda, ao abeiro da Estratexia de desenvolvemento de solo residencial impulsada pola Xunta
  • Puxo en valor as medidas da Xunta para brindar aos galegos máis oportunidades para acadar fogares dignos, de calidade e a prezos accesibles
  • Avanzou a publicación mañá no DOG da convocatoria do programa Fogar Vivo, con incentivos para que os propietarios reformen as vivendas e as poñan en alugueiro accesible
  • Allegue detallou que esta iniciativa tamén incluirá o financiamento de seguros multirrisco e de impago para os propietarios
  • Destacou que a Xunta aposta pola dinamización do mercado de alugueiro, construíndo vivendas neste réxime e reservando polo menos o 40% a menores de 36 anos, así como o 25% para venda

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2025

A conselleira María M. Allegue defendeu hoxe no Parlamento a duración indefinida e permanente das vivendas de promoción pública (VPP).

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas lembrou que foi o actual Goberno galego o que modificou a Lei de Vivenda autonómica para blindar que as vivendas públicas sexan sempre protexidas, tanto as construídas polo IGVS, como as promovidas pola sociedade Vipugal, así como todas as vivendas protexidas de promoción privada que se constrúan en solo desenvolvido, urbanizado por promotor público. Igualmente se blinda esta condición para as vivendas que o IGVS adquira de particulares, e tamén de todas as adquiridas da Sareb.

Fixo fincapé en que, tanto a vivenda coma a propiedade, son dereitos constitucionais que a Xunta quere salvagardar e nesa materia prioritaria seguirá traballando.

Na súa intervención, Allegue salientou o esforzo do Executivo galego para incrementar a oferta de vivendas accesibles e, neste sentido, avanzou tamén que a Xunta publicará mañá no DOG a convocatoria do novo programa Fogar Vivo, con incentivos para que os propietarios poidan reformar as súas vivendas, aboar seguros multirrisco e de impago e poñer as vivendas en alugueiro accesible.

A conselleira indicou que a Xunta traballa na dinamización do mercado de alugueiro, polo que se están a construír VPP neste réxime e polo menos o 40% serán ofrecidas en alugueiro tamén a menores de 36 anos e o 25% para venda.

Ademais o Goberno galego aprobou incentivos fiscais que estimulen a promoción de vivenda protexida en alugueiro.

Concretou que para dinamizar o mercado de alugueiro ten que facerse sempre "sen criminalizar aos propietarios e dotando as medidas de seguridade xurídica".

Puxo en valor as medidas da Xunta para brindar aos galegos máis oportunidades para acadar fogares dignos, de calidade e a prezos accesibles.

Neste sentido, destacou que o Goberno galego xa ten en marcha a metade das 4.000 vivendas para acadar o reto de duplicar o parque público residencial ata as 8.000.

Subliñou que a Sociedade Pública de Vivenda, Vipugal, creada polo Goberno galego, xa traballa a pleno rendemento.

Destacou que Galicia é unha comunidade pioneira en España en habilitar solo onde poder construír vivenda. Urbanizarase solo gracias á Estratexia de desenvolvemento de solo residencial e tómase a iniciativa que permitirá dispor de solo urbano onde poder construír vivenda pública, libre e protexida.

Na actualidade, a Xunta colabora na cesión ou permuta de solos onde construír máis vivenda pública con concellos como Lalín, Teo, A Estrada, Lugo, A Coruña, Ames ou Vilagarcía. A este respecto, criticou que municipios como Santiago, cun Goberno do BNG, é o único que aínda non cedeu solo.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 09/07/2025
1088821 {"title":"A conselleira M. Allegue defende a protección indefinida e permanente de todas as vivendas de promoción pública do IGVS e Vipugal","published_date":"2025-07-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/193938-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1088821"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-09/1088821-conselleira-m-allegue-defende-proteccion-indefinida-e-permanente-as-vivendas-promocion-publica-do-igvs-e-vipugal https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.