Gómez Caamaño salienta o reforzo estival da asistencia sanitaria no Salnés con ata 17 profesionais e unha ambulancia adicional

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Explica que a Xunta apuntalará a asistencia sanitaria en concellos como Vilagarcía de Arousa e Cambados durante as súas festividades máis sinaladas
  • Remarca que os Puntos de Atención Continuada e os centros de atención primaria do Grove e Sanxenxo ven ampliados o seus cadros de persoal durante o período estival
  • O Plan de cobertura asistencial deseñado polo Executivo galego conta cun orzamento de máis de 12 millóns de euros
Imagen del artículo Gómez Caamaño salienta o reforzo estival da asistencia sanitaria no Salnés con ata 17 profesionais e unha ambulancia adicional
Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2025

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, detallou esta tarde no Parlamento de Galicia a planificación asistencial que a Xunta elaborou para a comarca do Salnés durante o verán, onde os seus centros de atención primaria se verán reforzados con ata 17 profesionais e unha ambulancia adicional.

Segundo explicou, o Servizo Galego de Saúde reforzará os cadros de persoal nos PAC de Vilagarcía de Arousa e de Cambados nos días nos que se celebrarán as súas festividades máis sinaladas, como é o caso do Atlantic Fest, a Festa da Auga ou a Festa do Albariño.

Gómez Caamaño remarcou que nos concellos onde se produce un maior incremento da poboación por mor do turismo, como é o caso dos concellos do Grove ou o de Sanxenxo, os seus Puntos de Atención Continuada e os centros de saúde tamén se verán reforzados durante o verán con máis persoal médico, de enfermería e de servizos xerais.

Durante a súa intervención, precisou que o incremento de recursos na área do Salnés non se cinguirá soamente á incorporación de máis persoal, senón que tamén levará aparellado outros recursos asistenciais, como o reforzo do transporte sanitario urxente coa incorporación dunha ambulancia adicional.

"Estes reforzos responden a unha planificación rigorosa" subliñou o titular da carteira sanitaria da Xunta, ao tempo que puxo en valor o importante orzamento que o Executivo destinará a garantir a atención sanitaria durante o período estival en toda a comunidade galega.

"O Plan de verán está dotado con máis de 12 millóns de euros para blindar unha cobertura sanitaria axeitada en toda Galicia", incidiu Gómez Caamaño.

O Goberno galego consignou unha partida de 8,8 millóns de euros destinada á contratación de substitucións e reforzos sanitarios nas zonas que se precise, ademais de 3,2 millóns para a posta en marcha diferentes programas de dispoñibilidade de médicos, unha oferta de mobilidade temporal ou unha nova encomenda MIR para que o persoal residente de último ano poida reforzar os centros de saúde no verán.

"Na Consellería de Sanidade anticipámonos, planificamos e actuamos para que a asistencia sanitaria estea garantida en toda Galicia", concluíu o conselleiro.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 09/07/2025
1088820 {"title":"Gómez Caamaño salienta o reforzo estival da asistencia sanitaria no Salnés con ata 17 profesionais e unha ambulancia adicional","published_date":"2025-07-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1088820"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-09/1088820-gomez-caamano-salienta-reforzo-estival-da-asistencia-sanitaria-salnes-ata-17-profesionais-e-unha-ambulancia-adicional https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.