O conselleiro de Sanidade salienta que a atención médica programada nos dous centros de saúde de Cervo está garantida este verán pese á falta xeneralizada de profesionais

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Remarca que o consultorio de Cervo e o centro de saúde de San Cibrao garanten unha asistencia sanitaria de calidade no municipio
  • Subliña que as persoas que precisan atención urxente en primaria teñen asistencia sanitaria garantida porque a sanidade pública conta cos mecanismos necesarios para atender de inmediato o que non pode esperar
  • Pon en valor os máis de 12 millóns de euros que a Xunta destina ao Plan de cobertura asistencial do verán e agradece o esforzo e implicación dos profesionais do Servizo Galego de Saúde
  • Lamenta a inacción do Goberno central para adoptar medidas que palíen a falta de médicos e de pediatras na atención primaria de todo o país
Imagen del artículo O conselleiro de Sanidade salienta que a atención médica programada nos dous centros de saúde de Cervo está garantida este verán pese á falta xeneralizada de profesionais
Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2025

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou esta tarde no Parlamento de Galicia que a asistencia médica programada nos dous centros de saúde de Cervo estará garantida durante os meses de verán.

En resposta a unha pregunta parlamentaria, o responsable da Sanidade galega remarcou que o Servizo Galego de Saúde está a adoptar as medidas necesarias para asegurar a atención sanitaria de calidade e conxugala coas vacacións e dereitos laborais dos seus profesionais.

Incidiu en que o consultorio de Cervo e o centro de saúde de San Cibrao garanten a asistencia sanitaria de calidade no municipio.

"A asistencia médica no concello de Cervo está garantida, tanto a programada como a urxente", destacou o titular da carteira sanitaria da Xunta.

Segundo explicou Gómez Camaño, no consultorio de Cervo aténdense as citas médicas 3 días á semana e todos os días no centro de saúde de San Cibrao, onde ademais se atenden as consultas de tipo urxente.

Ademais, en Cervo seguirán a traballar unha enfermeira e un profesional de servizos xerais, mentres que San Cibrao contará cun pediatra, 3 enfermeiras e 1 profesional de servizos xerais.

Remarcou que as persoas que precisan unha cita urxente en primaria teñen atención sanitaria garantida porque a sanidade pública conta cos mecanismos necesarios para atender de inmediato o que non pode esperar

"Mentres vostedes se dedican a difundir información falsa, nós traballamos e buscamos solucións", sinalou o conselleiro de Sanidade en referencia aos grupos da oposición.

Gómez Caamaño puxo en valor os 12 millóns de euros que a Xunta destina ao Plan de cobertura asistencial do verán, ao tempo que agradeceu o esforzo e implicación dos profesionais do Servizo Galego de Saúde.

No peche da súa intervención, Gómez Caamaño lamentou a inacción do Goberno central para adoptar medidas que palíen a falta de médicos e de pediatras na atención primaria de todo o país. "Deixen de alimentar a información falsa e pida con nós ao Ministerio de Sanidade as medidas necesarias para solucionar o déficit de profesionais sanitarios" concluíu.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 09/07/2025
1088819 {"title":"O conselleiro de Sanidade salienta que a atención médica programada nos dous centros de saúde de Cervo está garantida este verán pese á falta xeneralizada de profesionais","published_date":"2025-07-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1088819"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-09/1088819-conselleiro-sanidade-salienta-atencion-medica-programada-nos-dous-centros-saude-cervo-garantida-veran-pese-falta-xeneralizada-profesionais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.