A Xunta de Galicia investirá 1,3 millóns de euros nas obras de dragaxe dos portos de Barallobre, Miño e Pontedeume

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A conselleira do Mar, Marta Villaverde, anunciou nunha visita ao peirao eumés o inicio do procedemento de licitación dos traballos por parte de Portos de Galicia, que contan cun prazo de execución de 9 meses
  • Dada a súa proximidade e características as tres actuacións comparten zona de vertedura no Golfo Ártabro e desenvolveranse en base a un proxecto conxunto que está a disposición dos licitadores na plataforma Contratos de Galicia

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2025

A Xunta de Galicia investirá 1,3 millóns de euros nas obras de dragaxe dos portos de Barallobre-Maniños (Fene), Miño e Pontedeume. Así o confirmou esta mañá a conselleira do Mar, Marta Villaverde, nunha visita ao peirao eumés na que estivo acompañada polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez.

A conselleira anunciou o inicio do procedemento de licitación das obras e informou de que desde hoxe está aberto o prazo para a presentación de ofertas para a execución dos traballos nos tres portos que se desenvolverán en base a un proxecto conxunto, dadas as súas características e proximidade. Así mesmo, as tres dragaxes compartirán punto de vertido dos áridos no Golfo Ártabro. O importe da licitación é de 940.000 euros, aos que se suman 120.000 euros máis dos estudios ambientais previos e 235.000 do programa de vixilancia ambiental.

Marta Villaverde lembrou que os traballos permitirán recuperar os calados que mellorarán a operatividade das dársenas en condicións de seguridade. As obras terán un prazo de execución de 9 meses unha vez iniciadas. En total nos tres portos dragarase un volume total estimado en preto de 38.000 metros cúbicos de áridos. Para a execución das obras está previsto o emprego dunha draga de culler que transportará o material extraído ata o punto de vertedura en alta mar.

En concreto, no porto de Maniños-Barallobre dragarase ata a cota -2 metros na zona de pantaláns, e ata a cota -3 metros baixo o dique flotante e a barreira de protección das ondas. A superficie de dragaxe é de 9.500 metros cadrados e o volume estimado é de 6.715 metros cúbicos. O importe desta actuación será de 140.000 euros. Polo que respecta ao porto de Miño dragarase o interior da dársena ata a cota -1 metro. A superficie de dragaxe é de 8.000 metros cadrados e o volume estimado é de 15.000 metros cúbicos. O orzamento da actuación será de 413.000 euros. Finalmente, en Pontedeume proxéctase a dragaxe da zona do peirao pesqueiro ata a cota -3 metros, e da zona entre a rampla da Casa do Mar e o peirao pesqueiro, ata a cota -1 metro. A superficie de dragaxe é de 14.000 metros cadrados e o volume estimado é de 16.000 metros cúbicos. O orzamento ascende a 387.000 euros.

Presentación de ofertas ata o 4 de agosto

Durante a visita, a conselleira do Mar lembrou tamén que os documentos e pregos do concurso están dispoñibles para os interesados na plataforma de Contratos de Galicia, no perfil do contratante, e na páxina web oficial de Portos de Galicia, www.portosdegalicia.gal. Os licitadores terán de prazo ata o día 4 de agosto para presentar as súas ofertas.

Segunda fase de Cariño

Finalmente, Marta Villaverde anunciou que nos vindeiros días Portos de Galicia licitará tamén as obras da dragaxe de mantemento do porto de Cariño. O ente público investirá 180.000 euros nesta actuación que complementa a xa executada, por importe de 600.000 euros.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 09/07/2025
1088818 {"title":"A Xunta de Galicia investirá 1,3 millóns de euros nas obras de dragaxe dos portos de Barallobre, Miño e Pontedeume","published_date":"2025-07-09","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/194709-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1088818"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-09/1088818-xunta-galicia-investira-1-3-millons-euros-nas-obras-dragaxe-dos-portos-barallobre-mino-e-pontedeume https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.